mollate.jpg
facebook_pr.jpg

Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo

Acceso restrinxido

Nome de Usuario

Contrasinal

Lémbrate de mín
¿Esqueciches o contrasinal?

Boletín Gardarríos






Crónica do Roteirríos polo Navea
img20171031wa0007.jpgO pasado 28 de outubro realizamos o Roteirríos do Proxecto Ríos, desta volta polo río Navea en Ourense. Roteirríos é unha iniciativa que pretende unir ríos e persoas, achegando os cursos fluviais á cidadanía nun ambiente lúdico así como dar a coñecer o seu patrimonio natural e cultural asociado.
No 2017 imos xa pola décima edición deste programa. O Roteirríos deste ano estaba adicado a coñecer unha das Reservas Naturais Fluviais declaradas pola Confederación Hidrográfica Miño – Sil. Estes espazos conservan practicamente intactos os seus valores naturais pola baixa presión antrópica que posúen. A do río Navea está situado nunha zona elevada do Macizo Central Ourensán con un elevado valor paisaxístico e natural.
Crónica do Campo de Voluntariado Ambiental no río Tea
img_20171020_203433.jpgOs días 20, 21 e 22 deste mes de outubro foron os escollidos para continuar unha vez máis coas actividades deste proxecto que ADEGA levou a cabo a través do Programa de Voluntariado en Ríos, do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente –MAGRAMA– dende o ano 2007. Este ano 2017 voltamos a contar coa colaboración da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil. Como noutras veces, o voluntariado contou coa ferramenta axeitada para a realización das actividades de eliminación, un seguro de responsabilidade civil e accidentes colectivos, o aloxamento, manutención e actividades complementarias como un roteiro polo río Alén que serviu para coñecer máis de cerca os valores naturais que alberga a conca do río Tea.
Crónica do XXVI Curso de Formación
img_20170930_155237.jpgO sábado, 30 de setembro, celebramos na estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, en Vilagarcía de Arousa o curso de outono do Proxecto Ríos, que vai pola súa vixésimo sexta edición. Os/as participantes chegaron ao redor das once da mañá e fóronse acomodando, tomando un café e intercambiado información sobre as actividades do Proxecto Ríos. O curso de formación comezou cunha introdución as últimas, e vindeiras, actividades do Proxecto Ríos a cargo de Paco Bañobre, así como materiais, o estado do Proxecto Ríos e a Limpeza simultánea de ríos do ano 2017 a realizar durante esa fin de semana.
Roteirrios 2017. Rio Navea
gardarrios_salvora.jpgO próximo Roteirríos terá lugar o sábado 28 de outubro. Desta volta iremos coñecer unha das Reservas Naturais Fluvias da provincia de Ourense. Será no Río Navea no Macizo Central en Chandrexa de Queixa. Trátase dunha zona de alta montaña coas caracteríticas salvaxes e elevado valor paisaxístico que posúen estes ríos e cunha presión antrópica case inexistente.
Pódese ver máis información sobre este espazo nesta LIGAZÓN
As prazas para participar neste roteiro son limitadas e é preciso inscribirse.
 
Inscricións e máis información:
Telf/Fax: 981 57 00 99.
Móbil: 619 672 038 / 616 238 050
Podes descarregar o cartaz AQUÍ
Campo de Voluntariado Ambiental no Río Tea
imagen_sin_ttulo_ii.pngO próximo campo de voluntariado ambiental no río Tea terá lugar a fin de semana do 20, 21 e 22 de outubro, e dará continuidade aos campos de voluntariado que levan celebrándose dende o 2007. Durante este tempo temos actuado sobre diferentes especies de invasoras na ribeira do río Tea grazas a axuda de voluntarios e voluntarias.
Para a realización destes XII Campos de Voluntariado contamos co financiamento da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Podes botarlle unha ollada á crónica do pasado campo de voluntariado.
Se queres participar cubre a Inscricion_XII_Campo_Tea_2017.doc e envíaa á coordinación do Proxecto Ríos.
Inscricións e máis información:
Telf/Fax: 981 57 00 99.
Móbil: 619 672 038 / 616 238 050
Podes descarregar o cartaz: EEI do Tea outubro 2017.pdf
Resultados X Limpeza Simultánea de Ríos
img20171001wa0128.jpgFomos novamente moitas as persoas as que nos mollamos polos ríos na X Limpeza simultánea. Houbo grupos grandes e pequenos, de nenos e nenas e de maiores. Limpáronse grandes ríos e tamén pequenos regatos, pero todas e todos tiñamos o mesmo obxectivo: coidar os nosos ríos e concienciar á sociedade da necesidade de que estean ben conservados.
Recolléronse refugallos de todo tipo, e coma sempre abundaron os plásticos (botellas, garrafas, bolsas, sacos...). Apareceron tamén rodas de automóbiles, cristais, unha cadeira de escritorio, unha colchoneta de praia, plásticos de silo, pilas, electrodomésticos, uralitas. As toalliñas húmidas volveu ser do lixo máis abundante. Apareceu tamén roupa, calzado...

ADEGA e a CHMS renovan o convenio para o desenvolvemento do Proxecto Ríos na bacía do Miño-Sil
img20170928wa0006.jpgADEGA asinou o pasado 27 de setembro, un convenio coa Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS) para o desenvolvemento de actividades con voluntariado na bacía do Miño-Sil durante o 2017 dentro do programa Proxecto Ríos. O presidente da CHMS, Francisco Marín e a presidenta de ADEGA, Virginia Rodríguez, asinaron dito convenio por un importe de 10.000€, cos que se realizarán actividades de divulgación e posta en valor da riqueza natural dos ríos da bacía do Miño-Sil. Entre outras accións, desenvolverase un campo de voluntariado ambiental no río Tea, saídas formativas con voluntariado e roteiros interpretativos na contorna da bacía do Miño-Sil, así como a X Limpeza Simultánea de Ríos.
XXVI Xornada de Formación do Proxecto Ríos
xxv_curso_de_formacion._primavera_2017.jpgO día 30 de setembro é a data na que temos prevista a realización da xornada de formación do voluntariado da campaña de outono 2017. Será, como en ocasións anteriores na EHEC en Vilagarcía de Arousa. Estes cursos están destinados aos grupos de participantes do Proxecto Ríos e neles afondamos en cuestións relacionadas cos nosos ecosistemas fluviais.
A actividade central é a recollida e identificación de macro invertebrados, mais tratamos outras temáticas que teñen que ver coa diversidade que alberga os nosos ríos.
A temática será a perda de biodiversidade nos ríos que teñen eucaliptais no bosque de ribeira, cunha conferencia de Adolfo Cordero da UVigo.
Podes descarregar o cartaz da xornada: XXVI_Curso_Formacion_Outono_2017.pdf
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 16 de 386
go to top