Últimas novas
As últimas novas do Proxecto Ríos


Crónica do Roteirríos polos canóns do Mao e Sil Imprimir E-mail
img_0827_reducida.jpgA pasada fin de semana, 11 e 12 de maio, levouse a cabo o segundo Roteirríos de 2013. Desta volta quixemos achegarnos ata os canóns dos ríos Mao e Sil na Ribeira Sacra, lugares que albergan unha enorme biodiversidade no interior de Galicia.
 
Podes ver máis fotos no seguinte enlace: Album Google

 
 
VIII Campo de Voluntariado Ambiental do Río Tea Imprimir E-mail
Estamos preparaneliminar_mimosa_20.jpgdo o próximo campo de voluntariado ambiental no río Tea. Será o 24, 25 e 26 de maio, e dará continuidade aos campos de voluntariado que levan celebrándose dende o 2007. Durante este tempo temos actuado sobre diferentes especies de invasoras na ribeira do río Tea grazas a axuda de voluntarios e voluntarias. Para a realización destes VIII Campos de Voluntariado contamos co financiamento da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
Roteirríos polo Canón do Sil e do Mao (Ribeira Sacra) Imprimir E-mail
sil.jpgA fin de semana do 11 e 12 de maio o Proxecto Ríos organiza o segundo roteirríos do 2013. Desta volta achegarémonos á Conca do Sil para coñecer o seu patrimonio fluvial, as súas paisaxes e biodiversidade. O roteirríos será de dous días, a noite do sábado ao domingo a pasaremos no Albergue da Fábrica da Luz en Parada de Sil, equipamento turístico aberto recentemente ubicado nunha antiga fábrica da luz deste concello.
Podes descargar o cartaz Roteirrios_Ribeira_Sacra.pdf
CRÓNICA DO ROTEIRRÍOS POLO LÉREZ Imprimir E-mail
dsc_7701.jpgO pasado domingo, 28 de abril de 2013, realizouse o primeiro Roteirríos 2013. Desta volta realizamos o itinerario polo curso alto do río Lérez, no concello de Forcarei. Logo de adiar o roteiro en dúas ocasións polo mal tempo, á terceira foi a vencida. Iniciamos o Roteiro quedando cos participantes na vila de Forcarei para desprazarnos en coches ata a aldea de Dúas Igrexas. Dende alí comezamos a camiñar cara o río que pasa a escasos 500m de dito lugar.
CRÓNICA DO XVII CURSO DE FORMACIÓN DO PR Imprimir E-mail
img_0591.jpgO Proxecto Ríos ven de celebrar o XVII Curso de Formación para Coordinadores de Grupo o pasado sábado día 27 de abril na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con. Estes cursos teñen o obxectivo de facilitar a realización das inspeccións de río por parte do voluntariado participante e están, como sempre, centrados na identificación de macroinvertebrados. Ademais, desta volta, adicamos un espazo para coñecer iniciativas e actividades de voluntariado e educación ambiental nos cursos fluviais.
<< Inicio < Anterior 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 Seguinte > Final >>

Resultados 1 - 9 de 250
go to top