Novas
Novas do Proxecto Custodia Fluvial, Ulla, Umia, Lérez.


Crónica da xornada de voluntariado no río Liñares Imprimir E-mail

img_9636.jpgA introdución de especies exóticas invasoras é, despois da destrución de hábitats, a ameaza máis importante na perda de biodiversidade e unha das principais causas de extinción de especies autóctonas. ADEGA organizou unha actividade de voluntariado ambiental en colaboración coa Asociación para a Defensa do Val do Liñares o pasado sábado 16 de febreiro de 2013, contando coa colaboración do concello de Pontevedra.

FOTOS DA XORNADA

 

Avanza o proxecto de Custodia Fluvial nas bacías do Ulla, Umia e Lérez Imprimir E-mail
SAR_5704A segunda fase do “Proxecto de Creación dunha rede de Custodia fluvial nas bacías do Ulla Umia Lérez” xa está en marcha. Este proxecto é unha inciativa de ADEGA e está financiado con fondos LEADER polo FEADER, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e o AGADER. A primeira fase estivo centrada na divulgación da custodia fluvial e na creación de grupos de voluntariado. Foron estes grupos, a maioría pertencentes á asociacións dos concellos do GDR20 (A Estrada,  Caldas de Reis, Catoira, Cerdedo, Cuntis, Forcarei, Moraña, Pontecesures, Portas e Valga) os que durante o 2011 saíron aos seus ríos para coñecelos e realizar accións de voluntariado e defensa ambiental.
Remata a Campaña de Outono 2011 Imprimir E-mail
O 15 de novembro de 2011 é a data límite que teñen os/as participantes no Proxecto de Custodia Fluvial Ulla Umia Lérez para enviar os resultados das súas inspeccións de río realizadas durante a campaña de outono. Como sempre, podedes enviar estes datos por correo electrónico ( )  ou ben por correo postal á sede de ADEGA: Travesa de Basquiños, 9 baixo 15704 Santiago de Compostela.

Na zona descargas podes baixarte a ficha de inspección en formato PDF

Queremos agradecer a todos os integrantes do proxecto o traballo desenvolvido durante este ano 2011. Seguiremos informando das novas actividades.
LIMPEZA DE RÍOS NOS CONCELLOS DE TABEIRÓS-TERRA DE MONTES Imprimir E-mail
vol_amb.jpgComeza a nova temporada de inspeccións de río na comarca Tabeirós-Terra de montes. Os voluntarios e voluntarias do proxecto de Custodia Fluvial Umia Ulla Lérez farán saídas aos ríos durante este mes e o seguinte para comprobar o seu estado de saúde.

Continúan as saídas no proxecto de Custodia Fluvial Umia Ulla Lérez Imprimir E-mail

dsc_1202.jpgO pasado mércores 4 de maio, varios representantes de asociacións acudiron á saída programada no concello da Estrada. Os participantes fixeron unha inspección do río Liñares para que se foran habituando á toma de datos, observación do hábitat e identificación de macroivertebrados. As asociacións que se achegaron á Estrada foron: Asociación pola defensa do Val do Liñares, Asociación A Xesteira , Asociación de mulleres rurais de Barreira (Rio Bo) e Asociación de veciños A Sobreira de Callobre. Do concello de Forcarei achegouse un representante da CMVMC de San Miguel de Presqueiras. Todas elas asinaron o compromiso de facer unha saída no seu río nos vindeiros días da campaña de primavera, algúns de eles incluso farán 3 inspeccións.


Comezan as saídas do proxecto de Custodia fluvial (Ulla Umia Lérez) Imprimir E-mail

Este pasado día 13 de abril comezaron as saídas de inspección de ríos do proxecto de custodia fluvial Ulla Umia Lérez.

domingo.jpgO CPI Domingo Fontán do concello de Portas participou na primeira saída. Aproximadamente 30 rapaces e rapazas saíron ao río Chaín (conca do Ulla) para facer unha inspección. Foron acompañados/as por dúas educadoras ambientais de ADEGA, e comprobaron o estado de saúde deste pequeno río medindo a calidade hidromorfolóxica, físico-química e biolóxica.


Comezan as presentacións do Proxecto de Custodia Fluvial Imprimir E-mail

dsc_0001.jpgEste luns, 28 de marzo, presentouse o proxecto de custodia fluvial nos concellos de Moraña e Caldas de Reis. No concello de Moraña a presentación realizouse na Casa da Cultura, onde asistiron diferentes representantes das asociacións do lugar e varios particulares. En Caldas de Reis, a presentación foi no Auditorio Municipal do mesmo concello, onde tamén asistiron asociacións e veciños/as.

Presentación do Proxecto Custodia Fluvial Imprimir E-mail

presentacioncustodiafluvial.jpgO venres 25 de marzo, presentouse ante os medios de comunicación o Proxecto de custodia fluvial Ulla, Umia, Lérez no centro Comarcal de A Estrada. O programa de actividades terá unha duración de 18 meses e se desenvolverá nos dez concellos que forma parte do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ulla, Umia, Lérez. A presentación fíxose a cargo de Anxo Ascariz, xerente do GDR, Virxinia Rodríguez, presidenta de ADEGA, e Lucía Parente, coordinadora do Proxecto de Custodia Fluvial Ulla Umia Lerez.

O proxecto GDR pretende promover nas dúas comarcas (Caldas e Tabeirós-Terra de Montes), tras facer nunha primeira fase unha diagnose do estado de saúde dos ríos, actividades de custodia fluvial (recuperación de camiños e marxes degradadas, limpezas de ribeira, plantación de árbores autóctonas, restauración de muíños e lavadoiros, etc.).

go to top