Qué é?
inspecc_xan.jpgO Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos nosos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos galegos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsábeis da vixianza (adopción) do río que pasa polo seu municipio ou localidade.

Estas inspeccións realízanse como mínimo dúas veces ao ano, en base á metodoloxía e materiais de apoio proporcionados polo Proxecto Ríos que axudarán a cumplimentar as Follas de Inspección.

Unha vez recibidas estas na sede do Proxecto, elaboraranse informes anuais cos datos subministrados por todos os/as participantes nas distintas campañas Asemade, recolleranse nunha base de datos accesíbel no Xeovisor do Proxecto Ríos. Posteriormente os grupos que así o desexen poden participar no Programa de Adopción de Ríos, co que se fan responsábeis, nalgunha medida,de velar polo estado de aqueles treitos de río que escollan.

Historia

No ano 1999 a Associació Hábitats inicia o Projecte Ríus en Catalunya. Actualmente máis de 700 grupos forman esta rede de inspección de ríos, desenvolvendo un importante traballo de avaliación e coidado dos ríos catalás. No ano 2004, ADEGA asina un convenio de colaboración coa Associació Habitats para trasladar a iniciativa á Galiza, adaptandoa as características específicas das nosas concas fluviais. Nace así o Proxecto Ríos, xérmolo dunha nova conciencia de respecto polas nosas augas continentais a través do coñecemento e a participación activa e responsábel da cidadanía.

¿Quen pode participar?

O Proxecto Ríos está aberto a calquera persoa ou colectivo que asuma o compromiso de levalo adiante: asociacións de veciños, de pescadores, deportivas, culturais, sociais, centros educativos, escolas de tempo libre, grupos familiares ou de amigos ....
Todo o mundo é benvido , teña ou non coñecementos prévios sobre os rios.

Ámbito xeográfico

O Proxecto Ríos abrangue toda Galiza, e dentro dela, calquera río de certa entidade que discorra nalgún dos seus treitos polo noso país



Esta categoría está baleira

go to top