O Proxecto Ríos ten distintos niveis de participación e un proceso temporal para o seu cumprimento. Calquera persoa ou grupo interesado/a ten que se poñer en contacto co Grupo de Coordenación do proxecto en: PROXECTO RÍOS. Travesa de Basquiños, 9 15704 - Santiago de Compostela Tfno.- 650 261 283 Fax.- 981570099 info@proxectorios.org
Niveis de participación 1.- Contacto coas persoas e grupos participantes Unha vez que os/as interesados teñan contactado co Proxecto, celebrarase unha primeira xuntanza para expoñer polo miudo os contidos e metodoloxía do proxecto e resolver calquera dúbida que se poida ter. 2.- Compromiso de mínimos e entrega de materiais As persoas ou colectivos participantes asinarán un Compromiso de Mínimos co Proxecto Ríos, no que asumirán a responsabilidade de realizar a Inspección de Ríos no tramo ou tramos que escollan, tras o que se lle entregará o material correspondente. 3.- Actividade formativa "Coñece o río" Complementariamente á participación no Proxecto, pódese solicitar a realización da actividade formativa "Coñece o río". Esta actividade componse dunha charla explicativa sobre o ecosistema fluvial e unha visita a unha zona de río. Impartida por técnicos especializados de ADEGA. 4. Inspección de Ríos Realizacíon da inspección de ríos e envío das follas de datos recollidos á sede do Proxecto para a súa inclusión na base de datos e no informe anual. + información 5.- Adopción de ríos Os/as participantes aceptan responsabilizarse dun tramo de río e involucrarse na súa conservación. O grao de implicación decídeo cada colectivo en función das súas espectativas e posibilidades. + información 6.- A rede Proxecto Ríos Un dos obxectivos do Proxecto é a creación dunha rede de cidadáns activos e activas na protección dos ríos e que permita coñecer o seu estado de saúde e prevenir e solucionar os seus problemas. Para acadar este fin realizaranse encontros entre os distintos grupos participantes, actividades formativas, lúdicas, concursos etc. Entre os plans de futuro figura elaborar unha publicación periódica propia do Proxecto.
Obxectivos Achegar a poboación ao entorno natural Concienciar da importancia de adoptar actitudes encamiñadas a protexer e mellorar o medio ambiente Traballar para mellorar a calidade dos ecosistemas fluviais Estimular e potenciar a participación cidadá na conservación do patrimonio natural |
|
|
Esta categoría está baleira |
|





Estrutura e obxectivos
O Proxecto Ríos ten distintos niveis de participación e un proceso temporal para o seu cumprimento. Calquera persoa ou grupo interesado/a ten que se poñer en contacto co Grupo de Coordenación do proxecto en: 

