A Inspección de Ríos![]() Calquera persoa pode participar neste proxecto Para a realización da Ispección de Ríos, cada grupo ou persoa participante selecciona un ou varios tramos de 500 m do río escollido. Cos materiais proporcionados polo Proxecto, realizarán unha avaliación pormenorizada das súas características e estado atendendo a parámetros como:
Unha vez feita a avaliación, completarán as Follas Resumo da Inspección que enviarán á sede do Proxecto para a elaboración dos informes e incorporar os datos á web. Os materiais de Inspección de Rios permiten aos grupos examinar e coñecer mellor o seu tramo de río, á vez que lles facilitan a realización dun control eficaz. Recollen unha metodoloxía de traballo estandarizada e subministran ferramentas para a súa realización. Contido da Carpeta de Inspección de Ríos Caderno de traballo onde se subministra as guías e explicacións precisas para a realización da Inspección así como información sobre os ríos. Ensinan a recoñecer as principais especies de fauna e flora que habitan os ríos (árbores, peixes, anfibios, flora), permitindo a persoa inexperta realizar axeitadamente a recomplilación de datos na Inspección Subminístranse tamén reactivos en forma de tiras que permiten, en base a un sinxelo código de cor, establecer parámetros como a acided ou os nitratos presentas na auga. |
|
|
Esta categoría está baleira |
|





A inspección de ríos 


