A Adopción de ríos
rios_galegos.jpgO Programa de Adopción de Ríos permite aos grupos que xa participaron na Inspección dar un paso máis na súa implicación en defensa do río. Significa responsabilizarse dun tramo ou tramos de rio e aceptar involucrarse na súa conservación.
O grao de implicación decídeo cada colectivo en función das súas expectativas e posibilidades.

Seguindo a dinámica do Programa de Inspección de Ríos, tras asinar o Compromiso de Adopción, as persoas ou grupos participantes reciben o Manual de Adopción de Ríos, no que se recollen indicacións sobre os problemas que sufren os rios, que facer ante estas agresións, lexislación en materia de augas e unha serie de propostas de actividades a realizar.

O Proxecto Ríos respaldará co seu persoal técnico o traballo dos/as adoptantes e fomentará o intercambio de experiencias e a realización de encontros e seminarios entre os grupos.



Esta categoría está baleira

go to top