|
O Proxecto Ríos é unha iniciativa que xorde en Cataluña en 1997 da man da Associació Hábitats. Logo de 11 anos de implantación, actualmente converteuse nunha iniciativa conxunta que se desenvolve de forma paralela en cinco territorios máis: a Rede Hidrográfica do Júcar, a Comunidade Autónoma de Madrid, Cantabria, El Bierzo – Laciana, Galiza e, fóra do Estado, en Portugal. Isto fai que hoxe día, o Proxecto Ríos conte con máis de 1.400 grupos de voluntarios en toda a península ibérica.
A pesar de que todos compartimos unha filosofía e unha metodoloxía común, en cada un deses lugares, diferentes entidades fanse cargo de aplicar e adaptar a metodoloxía. Isto fai posible a aplicación dunha iniciativa pioneira cun amplo ámbito xeográfico de actuación, que recoñece en todos os lugares nos que opera a capacidade da sociedade, organizada ou non, de idade adulta ou escolar, de decidir e actuar en defensa dos ríos desde territorios concretos, pero con conciencia global e co fin común de mellorar a nosa contorna natural, xerando o legado das xeracións vindeiras, beneficiarias do esforzo que realiza o groso do noso voluntariado. Neste contexto, a necesidade de aglutinar experiencias, compartilas e dar saída a inquietudes ou problemas comúns ou locais foi o xerme que empezou a expor a necesidade de tecer unha Rede de traballo común. |
|
|
Esta categoría está baleira |
|





Rede Proxecto Ríos 


