A auga

A auga é unha das substancias máis peculiares da terra, posto que a única que podemos atopar nos tres estados da materia: sólido, líquido e gasoso.

Unha molécula de auga componse da unión de dous átomos de hidróxeno e un de osíxeno, sendo o xeito de unirse as moléculas entre si o que determina en que estado a atopamos.

Algunhas características físicas

- É o disolvente universal: Actúa como disolvente das máis variadas substancias: sales inorgánicas, azucres e anións inorgánicos. Esta característica é fundamental para os seres vivos, porque facilita, por exemplo, a absorción e distribución de nutrientes nas plantas.

- É o principal medio interno dos seres vivos: Tanto pola súa capacidade de disolución como pola súa capacidade termoreguladora ,é o principal medio de soporte das reaccións e funcionamento interno dos seres vivos. De feito, o ser humano está composto nun 65% de auga.

- Propiedades termoreguladoras: O seu alto calor específico (enerxía calorífica requirida para elevar a temperatura dunha substancia nun valor determinado) confírelle unha considerábel estabilidade térmica. Boa parte da enerxía recibida por un sistema que conteña auga se emprega na súa vaporización, e non se traduce nun aumento da temperatura. A función do suor é un claro exemplo desta cualidade. Esta función de regulación térmica exércea tanto nos sistemas vivos dos que forma parte, tais como células e órganos dos seres vivos como nas dinámicas climatolóxicas e ecosistémicas locais e globais.

A auga no planeta Terra

A auga ocupa o 70 % repartida entre os casquetes polares, glaciares, ríos, lagos, mares e océanos. A isto cómpre engadir a auga recollida no subsolo, a atmosférica en forma de nubes e vapor e a que forma parte dos seres vivos. En total calcúlase que hai arredor de 1´36 billóns de km3 de auga na terra.

Esta cantidade é sempre a mesma, e atópase repartida aproximadamente nun 97 % en auga salgada e nun 2 % en auga doce, da que só o 0´7 % está dispoñíbel directamente en ríos e lagos e augas subterráneas


O ciclo da auga

Todos os procesos de aumento ou diminución da auga nun momento e lugar dado forman parte dun ciclo pechado denominado Ciclo da auga, que permite a existencia de vida na terra tal como a coñecemos.

O motor deste ciclo é a enerxía solar e realízase mediante tres procesos: evaporación, precipitación e circulación.

As radiacións solares evaporan a auga que pasa a atmosfera en forma de vapor. Ao entrar en contacto coas capas frías do ar, forma nubes e precipítase en forma de chuvia, sarabia ou neve, tanto no mar como na terra. Unha vez na terra parte da auga vese absorbida polas plantas (unha árbore de tamaño medio pode absorber ate 100 l ao día) e devolta á atmosfera mediante a evapotranspiración das mesmas. En bosques húmidos, como as Fragas do Eume, este proceso pode representar ate o 70 % da auga caída. A augo que a terra non é quen de absorber chega, mediante escorrenta, aos ríos, e lagos ou infíltrase no subsolo ate chegar aos acuíferos subterráneos. Finalmente desemboca no mar, dando comezo de novo ao proceso.ciclo.jpg



Ciclo da auga e características fisico-químicas
go to top