As augas continentais
orio.1.gifAs augas continentais son o conxunto de augas situadas dentro dos límites dos continentes: hainas superficiais correntes (ríos, regatos) ou estancadas (lagoas), outras son subterránes e outras almacénanse de modo sólido, neve ou xeo. (30 millóns de km3 entre Ártico, Antártico e alta montaña).

Tipoloxía das augas continentais

Lagos: Ecosistema acuático permanente no que se rexistran distribucións non lineais e estacionais dos principais parámetros físicos (temperatura) e químicas (osíxeno) da auga. Considéranse habitualmente lagos aqueles medios quesuperan as 8 ha de superficie e os 10 m de profundidade

Lagoas: Ecosistema acuático permanente no que non se producen gradientes temporais. Considéranse habitualmente lagoas aquelos medios permanentes de máis de 1 ha de superficie ou cuxa lámina de auga supera os 5 m de profundidade.

Charcas: Ecosistema lacunar de menor entidade (xeralmente inferior a 1 ha de superficie ou con menos de 5 m de profundidade. Poden ser permanentes ou estacionais.

Rios: Cursos de auga correntes

Augas subterráneas: Situadas por debaixo da superficie terrestre.

Ambientes higropétricos: Láminas de auga de espesor non superior a 2 mm que se deslizan sobre diferentes substratos.

Glaciares: Masas de xeo acumuladas nas montañas, por encima da zona de neves perpétuas, e cuxa parte inferior se desliza moi lentamente, como se fose un río de xeo.


Augas subterráneas e medio ambiente en Galicia
As Augas superficiais
go to top