 A eutrofización e síntoma de contaminación orgánica A ineficacia e/ou insuficiencia dos sistemas de depuración, o arrastre de contaminantes por escorrentia pluvial, os accidentes de todo tipo e os vertidos non accidentais son as principais causas de contaminación das augas. Dentro do amplo abano de substancias contaminantes que chegan as augas continentais podemos destacar: - Contaminantes orgánicos: Conxunto de residuos orgánicos producidos polos seres humanos, gando, etc. Inclúen xurros e outros materiais que descompoñen bactérias aeróbicas en procesos cun alto consumo de osíxeno. O exceso deste tipo de desperdicios esgota o osíxeno da auga nos procesos de descomposición, eliminando peixes e outros seres vivos que necesitan osíxeno.
- Contaminantes químicos inorgánicos: Ácidos, sales e metais tóxicos como o mercurio e o chumbo. A partires dunha determinada cantidade teñen efectos tóxicos nos seres vivos, mesmo provocan mutacións e deformacións nos alevíns dos peixes.
- Nutrintes vexetais inorgánicos: Fundamentalmente nitratos e fosfatos. Estas substáncias (solúbeis en auga) son básicas para o desenvolvemento da vida vexetal. A súa presenza excesiva na auga facilita unha proliferación excesiva de materia vexetal coa consecuente diminución de luminosidade na auga, e anoxia nos porcesos de descomposición, chegando en casos extremos a eutrofización das augas.
- Compostos orgánicos: Moléculas complexas de orixe antrópica. Carburantes, aceites, plásticos, disolventes, etc.
Sedimentos e materiais en suspensión: Compoñentes habituais do río e fundamentais para o seu ecosistema, o seu exceso (escorentías por erosión, obras na canle, etc.) causa serios problemas á vida no mesmo. | Orixe da contaminación | Substancias contaminantes principais | | Construcción | Sólidos en suspensión, metais, pH. | | Minería | Sólidos en suspensión, metais pesados, matéria orgánica, pH, cianuros. | | Enerxia | Calor, hidrocarburos e productos químicos. | | Textil e pele | Cromo, taninos, tensoactivos, sulfuros, colorantes, graxas, disolventes orgánicos, acidos acético e fórmico, sólidos en suspensión. | | Automoción | Aceites lubricantes, pinturas e augas residuais. | | Navais | Petróleo, productos químicos, disolventes e pigmentos. | | Siderurxia | Peliñas, aceites, metais disoltos, emulsions, sosas e acedos | | Industria Química | Hg, P, fluoruros, cianuros, amoniaco, nitriños, ácido sulfhídrico, organohaloxenados, organosilícicos, F, Mn, Mo, Pb, Ag, Se, Zn, etc. e os compostos de todos eles | | Fertilizantes | Nitratos e fosfatos | | Praguicidas | Organohaloxenados, organofosforados, compostos canceríxenos, biocidas, etc. | | Pinturas, varnices e tintes | Compostos organoestámicos, compostos de Zn, Cr, Se, Mo, Ti, Sn, Ba, Co, etc. | | Urbana | residuos orgánico, tensoactivos, fosfatos, aceites e lubricantes, medicinas. | | Agrícola | Xurros, fetilizantes | |