Encoros e centrais hidroeléctricas
pict0014.jpgA enerxía hidroeléctrica, xunto coa solar e a eólica entre outras, é unha fonte enerxética renovábel e cuxa producción, ao non depender de combustíbeis fósiles, non xera gases de efecto invernadoiro. Porén, non está exenta de grandes impactos ambientais que cómpre avaliar detídamente. As grandes presas hidroeléctricas como as do río Sil e Miño, construídas a partir dos anos 40 teñen asolagado vales, desprazado poboacións e destruído terras fértiles no que a conxunción de efectos negativos tanto sociais como ambientais dificilmente xustifican os seus beneficios.

Dende hai moitos anos, o movemento ecoloxista ven demandando a substitución das grandes centrais hidroeléctricas por minicentrais (aquelas cuxa potencia non sobrepase os 5000 Kw.) por dúas razóns pricipais: o seu tamaño permite adoptar medidas de minimización de impacto ambiental moito máis eficaces e fornecen o abastecemento local, xunto con outras alternativas. O impacto desta alternativa depende dos factores concretos de cada proxecto: o emprazamento, a xustificación da súa necesidade, o ritmo de explotación ou as medidas correctoras empregadas.

A comezos dos anos 90 e ao abeiro da nova normativa eléctrica que subvenciona o kw de enerxía renovábel, proliferan en Galiza a construcción e solicitudes de concesión de minicentrais hidroeléctricas, afastándose radicalmente das propostas ecoloxistas e anulando os posíbeis beneficios ambientais que ó seu emprego produciría. Cada día publica o DOG novas solicitudes para proxectos de instalación das chamadas minicentrais hidroeléctricas que, nalgúns casos, conlevan presas da altura dun edificio de 5 andares (15 m.) e hai veces que se presentan como unha sucesión de encoros que chegan a afectar a 10 Km. dun mesmo río. Agochadas baixo a excusa da producción de enerxía "limpa", atópase a simple privatización dun ben público como son os ríos, para beneficio dunhas poucas empresas, sen que exista unha necesidade real e sen substituir ningunha das fontes enerxéticas contaminantes


Impacto ambiental dos encoros 

Para entender ben os impactos cómpre coñecer esquemáticamente as partes dunha central hidroeléctrica, sexa do tamaño que sexa.

esquema_encoro.gif- Azude ou presa para desviar a auga do río ou para almacenala.

- Canal de derivación, que conduce as augas ate a localización da central.

- Cámara de carga ou depósito

- Tubería forzada, que vai da cámara de carga ata as turbinas, na zona de máxima pendente do terreo.

- Edificio das turbinas: acollo os grupos de turbinas-xerador, onde a enerxía mecánica das turbinas se converte en enerxía eléctrica.

- Canle desaugadoiro, polo que a auga devólvese á canle fluvial.

- Tramo cortocicuitado: tramo de río entre o azude e a canle desaguadoiro.

Os impactos derivados da construcción e explotación dun encoro divídense en:

  1. Impactos na fase de construcción
  2. Impactos na fase de explotación

Na fase de construcción

pict0017.jpgA maior parte dos impactos producidos durante a fase de construcción dunha minicentral son comúns aos asociados á construcción de infraestruturas dentro do meio rural, como poden ser estradas:

  • Para facilitar o acceso da maquinaria e materiais precisos para a obra precísase o acondicionamento ou nova apertura de camiños ou pistas de acceso. Isto conleva o aumento da erosión (e a subseguinte escorrenta de terra ao río), a tala de vexetación (especialmente cando discorre polas ribeiras, que adoitan sustentar unha vexetación singular dentro da conca) ou a fragmentación do hábitat de algunhas espécies terrestres.

  • Aumento da presenza humana e dos impactos dela derivada, feito a resaltar dado que moitas destas instalacións atópanse situadas en parajes recónditos e ben conservados.

  • A construcción de outras infraestruturas asociadas á minicentral, como os canais de derivación e os tendidos eléctricos, causan os mesmo danos.

  • Unha alteración paisaxística moi importante

  • Ruido, emisións e verquidos contaminantes.

  • Ao traballaren no cauce, os arrastres por remoción e mesmo os verquidos acidentais teñen consecuencias río abaixo.

Na fase de explotación

Son de maior entidade que os anteriores e moitos deles non só son irreversíbeis senón que se agravan co tempo. Poden acontecer augas arriba ou augas abaixo do encoro, non ponto onde se reintegra a auga logo de turbinala ou no tramo cortocircuitado (o tramo entre o a presa e o punto posterior ás turbinas eléctricas).

  • Erosión remontante, na saída das augas turbinadas
  • Erosión no tramo cortocicuitado pola diminución da concentración de partículas en suspensión.
  • Inmersión de solos e contaminación
  • Detracción de caudais con posíbeis perdas por incremento da evaporación e infiltración.
  • Deterioro da calidade das augas: por retención de lodos no enbalsamento, por vertidos de limos procedentes do fondo da presa, diminución da capacidade de dilución polo descenso do caudal, incremento de vertidos (graxas, aceites, gasóleos, inturas etc, directamente utilizados na instalación.
  • Cambios nas características fisico-químicas das augas (temperatura, etc.) e as consiguientes afecións sobre fauna e flora
  • Desaparición ou modificación da fauna e flora acuática
  • Destrucción do bosque de ribeira
  • Electrocución no tendido eléctrico, fundamentalmente aves.
  • Efecto barreira sobre especies migratorias ou con movementos locais
  • Cambios nas vías de acceso
  • Alteracións paisaxísticas de diverso tipo
  • Contaminación acústica

Esta categoría está baleira

go to top