Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo

Boletín Gardarríos Dixital






II Limpeza simultánea de ríos en 22 concellos galegos Imprimir E-mail
cartazbotas.pngDespois do éxito da primeira xornada de limpeza simultánea en ríos do ano pasado, repítese a experiencia o vindeiro domingo 27 de setembro. A limpeza desenvolverase en colaboración con concellos e distintas entidades e asociacións. Un dos problemas máis agravantes que sofren os nosos ríos segue a ser a gran cantidade de lixo que aparece nos cauces e ribeiras. Sobor de todo plásticos e entullos, elementos case habituais nos cursos fluviais e en moitos dos nosos montes. Dende o Proxecto Ríos queremos concienciar á sociedade da necesidade de manter limpos os nosos ríos como premisa para a conservación da súa saúde. A limpeza non pasa só por ser unha actividade illada dun día de retirada de lixo. Para a conservación dos ecosistemas fluviais cómpre desenvolver actitudes responsables cara o medio natural e depende de todos/as frear a contaminación que están a sufrir os ríos. O coidado e o respeto polo entorno farían innecesarias nun futuro actividades como esta.

 

 

 

O Proxecto Ríos entregará aos grupos participantes un protocolo para difundir a limpeza ecolóxica e respectuosa dos ecosistemas fluviais, ademáis de editar cartaces divulgativos para cada zona cun teléfono de contacto para que se apunten as persoas que queiran participar.
Nesta xornada a implicación dos concellos é fundamental para garantir a recollida do lixo que se saque dos ríos, para proporcionar o material necesario para a limpeza e para asegurar aos voluntarios/as participantes. O pasado ano retirouse un total de 11.020 toneladas de lixo (estimados) de orixe diverso e incluso variopinto (neveiras, rodas, radiografías, colchóns...) Neste ano animamos aos participantes a pesar o lixo retirado e a difundir no propio concello a idea de que o río non é un vertedoiro.

As persoas que queiran participar nesta actividade deberán anotarse previamente chamando ao teléfono do/a coordinador/a de cada zona para concretar a hora e lugar onde se vai realizar a limpeza.

Podedes consultar, na seguinte táboa, cal é o/a coordinador/a de cada zona:

 

Grupo/Concello
Persoa de contacto
Teléfono
A ESTRADA: Asociación pola Defensa do Val do Liñares
Chus Goldar
626 768 826
CARBALLO: ADEGA-Carballo
Xose Dubra
679167633
CARRAL: Concellería de Medio Ambiente
María José
981670002
CELANOVA: ADEGA-Ourense
Xan Carlos
629 635 945
COMPOSTELA: ADEGA-Compostela
Paco Bañobre
981 57 00 99/627 628 194
CUNTIS: Asociación O Fervedoiro
Heitor Picallo
676 188 619
FENE: AETNA Asociación etnográfica
César
649243611
FERROL: ADEGA-Ferrol
Nes
649 779 774
LALÍN: Departamento de Medio Ambiente
Xosé Manuel
986 78 72 02/616 937 854
LUGO: ADEGA Lugo

  Benjamín Cela

676228883
MELIDE: Asociación de troiteiros do río Furelos
Xavier
696 607 348
MUXÍA: Concelleria de Asuntos sociais
Viqui
661925367
OUTES: Instituto Poeta Añon
Mercedes
696992956
ORDES: Concellería de Medio Ambiente
Yaqui
649 84 56 74
PONTEAREAS: Plataforma Defendendo o Tea
Susana e Marta
658646660/660491115
PONTEVEDRA: Vaipolorío

Gonzalo
675547499
PORRIÑO: Concellería de Medio Ambiente
Marcelo
986335000
RIBADUMIA:Colectivo Ecoloxista do Salnés
Mª Dolores
660928463
SALCEDA DE CASELAS: Asociación TREZECATORZE
Fran Rei
615 421 199
SAN SADURNIÑO: Concellería de Medio Ambiente
Fernando
981490027
VIGO: ADEGA-Vigo
Xan Vilaboa
629 271 224
XOVE: Adega-Mariña
Desireé González
651 600 173

< Anterior   Seguinte >
go to top