Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo

Boletín Gardarríos Dixital






X Xornadas de formación de coordenadores/as do Proxecto Ríos Imprimir E-mail

cartaz.pngO día 26 de Setembro terá lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, (Vilagarcía de Arousa). as X Xornadas de formación de coordenadores/as do Proxecto Ríos. Nestas Xornadas pretendemos incidir como cada ano no recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo ao ser bioindicadoras.Para os/as que xa participaron en anos anteriores afondaremos en novos ámbitos; O Cambio Climático e o seu efecto nos ríos, así como trataremos a problemática que están a sufrir os ameneiros.


A inscripción é gratuíta, so tedes que levar a comida

Todos/as interesados/as confirmade a vosa asistencia por teléfono (650261283) ou correo electrónico( )

 

 

PROGRAMA DAS X XORNADAS DE FORMACIÓN


11:00 -Chegada e entrega de material
11:30 -Estado do Proxecto Rios
-Actividades 2009, entrega de material a novas incorporacións

12:00 Cinco anos de roxecto Ríos. Dinámica participativa

12:30 - Posibeis Efectos do cambio climático na ictiofauna continental

-Que lle está a ocorrer aos ameneiros?

Rufino Vieira. Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con

14:30 Xantar
16:00 Saída ao río e recoñecemento de macroinvertebrados


< Anterior   Seguinte >
go to top