ADEGA e o Proxecto Ríos participan no III seminario permanente de voluntariado en ríos Imprimir E-mail
ceneam.jpg14 de outubro de 2009. O Proxecto Ríos participará cun relatorio sobre boas prácticas nas actividades de voluntariado ambiental nos ecosistemas fluviais, no III Seminario Permanente: “VOLUNTARIADO PARA LA CONSERVACIÓN DE LA BIODIVERSIDAD” que se celebrará en Valsaín (Segovia) os días 15, 16 e 17. Estes seminarios teñen como obxectivo potenciar a colaboración e a coordenación entre o voluntariado relacionado coa conservación da biodiversidade para así detectar liñas de actuación entre diferentes colectivos. Tamén se pretende crear un espazo de encontro para o intercambio de experiencias e información que posibilite a colaboración entre diferentes proxectos de voluntariado do estado. Descarrega o programa   III SEMINARIO PERMANENTE.doc III SEMINARIO PERMANENTE (29 KB)
 
Seguinte >
go to top