| IV Campo de Voluntariado Ambiental no río Tea |
|
|
Neste ano 2010, en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e dentro do programa de Voluntariado en Ríos da citada entidade, continuaremos celebrando durante catro fins de semana de 2010 un campamento de voluntariado no río Tea. Neste campamento realizarase unha acción encamiñada a eliminar flora exótica e invasora. Para a realización desta actividade o voluntariado contará con material apropiado (traxes e botas de auga, material de inspección, guías de campo, etc) así como cun seguro de responsabilidade civil e de accidentes colectivos. Durante os catro turnos de fin de semana, o voluntariado permanecerá no albergue Alentea, ubicado en Barciademera (O Covelo) en réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea). Para o desprazamento do voluntariado empregarase un autobús, posto pola coordenación do proxecto.As quendas do campo de voluntariado serán: • 5, 6 e 7 de febreiro. • 23, 24 e 25 de abril. • 11, 12 e 13 de xuño. • 15, 16 e 17 de outubro. O campamento é gratuíto e hai un número limitado de prazas en cada turno. Se estás interesada/o en participar, xunta a preinscrición e envíaa a coordinación do Proxecto Ríos. Podes inscribirte nos catro turnos ou de xeito independente nalgún deles. Non dubidedes en contactar con nós para resolver calquera cuestión: Proxecto Ríos Travesa de Basquiños, 9 Baixo, 15704 Santiago de Compostela Teléfone fixo/Fax: 981.57.00.99 / Teléfono móbil: 650 261 283 ou ao e-mail:
A continuación podedes descarregar a ficha de inscrición: A PROGRAMACIÓN de da primeira fin de semana do campamento será:
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| < Anterior | Seguinte > |
|---|

Neste ano 2010, en colaboración co Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño e dentro do programa de 
