PortadaÚltimas novas O Proxecto Ríos presenta na Coruña as actividades do programa de promoción do voluntariado ambiental
O Proxecto Ríos presenta na Coruña as actividades do programa de promoción do voluntariado ambiental
O Proxecto Ríos ven de presentar, conxuntamente coa Universidade de A Coruña, un programa de promoción do voluntariado no seo de dita universidade. Dentro do Programa de Promoción do Voluntariado Ambiental para o alumnado da UDC, o Proxecto Ríos deu conta das actividades e propostas que se están a desenvolver con alumnos e alumnas dos campus de Elviña e A Zapateira. Estas actividades está relacionadas coa custodia do territorio, unha nova ferramenta en educación ambiental para a conservación da biodiversidade a través do voluntariado.
Os traballos a realizar por parte do voluntariado consistirán na identificación da flora exótica invasora presente na superficie do campus central da UDC (Elviña e Zapateira), cos obxectivos de elaborar un mapa de cobertura que amose a distribución de dita flora e de propoñer medidas de actuación para o seu control e eliminación, así como divulgar a problemática que xeran estas especies no medio natural. Outro obxectivo é que o voluntariado participante implique a outras persoas nas tarefas a desenvolver, redundando nunha mellor formación persoal e na concienciación da comunidade universitaria no seu conxunto.
Tamén resulta acaído dentro da universidade a realización de actividades de voluntariado ambiental arredor dos ríos. Estes traballos consistirán na inspección ecolóxica dos ríos, empregando a metodoloxía do Proxecto Ríos, que atravesan o campus de A Coruña. O obxectivo será achegar aos participantes á contorna fluvial poñendo en valos estes ecosistemas dentro da universidade. Unha vez realizada a diagnose propoñeranse actuacións de mellora para os ríos do campus da UDC.
O desenvolvemento do programa inclúe as seguintes actividades: • Formación de grupos de voluntarios de estudantes. • Investigación (monitoreo) de diferentes aspectos de biodiversidade e especies exóticas invasoras no campus. • Inspección dos ríos que atravesan o campus da UDC. • Propostas de actuación, con especial atención aos programas de custodia do territorio, a realizar autonomamente polo voluntariado.
Estas actividades están destinadas aos estudantes da UDC, pero están abertas a todas aquelas persoas que queiran participar, previa inscrición. Para realizala podedes anotarvos en: e-mail:
Telf: 981 167 050 ext. 5693 (Marta). e-mail:
Telf: 981 57 00 99 / 619 672 038 (Paco).