| ROTEIRRÍOS 2010. 13-14 DE MARZO MACIZO CENTRAL OURENSÁ |
|
|
Roteirríos é un programa de itinerarios organizado polo Proxecto Ríos que pretende unir ríos e persoas, achegando os cursos fluviais á cidadanía nun ambiente lúdico así como dar a coñecer o seu patrimonio natural, cultural e social. A temática escollida para os itineraios neste ano é o de ríos de montaña. O noso páis acolle unha extensa rede fluvial de ríos e regatos de montaña moi ben conservados e cun gran valor ecolóxico. Dende o Proxecto Ríos, queremos achegarnos a este singular patrimonio para divulgalo e poñelo en valor como unha peza fundamental para a conservación dos nosos ríos. Nesta edición realizaranse dous roteiros de fin de semana, visitando no mes de marzo o Macizo Central Ourensá i en setembro Trevinca. ROTEIRRIOS 2010. 13-14 MACIZO CENTRAL OURENSÁ O LIC Macizo Central, ocupa unha superficie de 46.983 Ha, a zona acolle un dos cumios mais altos do país Cabeza de Manzaneda con 1780m. Trátase dun conxunto de serras montañosas, nas que destacan os pasteiros de alta montaña e onde debido a sua baixa densidade de poboción, nos achegaremos a unha natureza espectacular vixiados polo lobo, o bufo e a aguía real. Nos percorridos desfrutaremos de dous ríos da alta montaña ourensá, coas suas peculiaridades, aguas frias e cristalinas onde descubriremos un tipo de ranúnculo propio destes ríos (Ranunculion fluitantis). Entre as especies ligadas aos ríos destaca o auguaneiro e a rá patilonda, fauna que gosta de ríos de augas limpas e osixenadas. Dos reptis é de destacar o lagarto das silvas, tamén asociado aos cursos de auga, que poderemos descubrir tomando o sol nos valados durante todo o camino. Este espazo alberga tamén unha vexeación única en Galiza como a xanzá, o afroixón ou o esfagno, e nel habita o musgaño.
Sábado Domingo A quen vai dirixido? Prazas e Preinscripcións: Na web do Proxecto Ríos iremosvos informando dos puntos de encontro, mapas do percorrido, etc. Se estás interesado/a en participar ponte en contacto coa coordinación do Proxecto Ríos. Proxecto Ríos Ou ben por correo electrónico ou por teléfono: |
| < Anterior | Seguinte > |
|---|

Roteirríos é un programa de itinerarios organizado polo Proxecto Ríos que pretende unir ríos e persoas, achegando os cursos fluviais á cidadanía nun ambiente lúdico así como dar a coñecer o seu patrimonio natural, cultural e social. 

