Axenda

Actualmente, non hai actividades previstas.
Ver calendario completo

Boletín Gardarríos Dixital






VI Encontro de Voluntariado do Proxecto Rios Imprimir E-mail
imagen2.jpgCelebraremos o VI Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos no Concello de Cambre (Biblioteca Central de Cambre) o día 5 de xuño de 2010. Este ano faremos fincapé na custodia fluvial como ferramenta para a participación social en ríos. A custodia fluvial ou adopción de ríos é un dos fins do Proxecto Ríos, onde os grupos participantes poden desenvolver accións máis concretas de conservación dos ecosistemas fluviais a través do voluntariado ambiental. Coñeceremos experiencias relacionadas con este tema dos Proxectos Ríos doutros territorios do estado español, nomeadamente de Cantabria e Cataluña. Tamén presentaremos proxectos de custodia que está a realizar o Proxecto Ríos de Galiza e distintas entidades do país.

Estades todos/as convidados/as.


Os encontros de voluntariado son o espazo para que os grupos que están a participar presenten as súas experiencias, tanto relacionadas coas inspeccións como noutros temas que teñan que ver cos ríos. Trátase en definitiva dunha xornada na que os protagonistas son os/as voluntarios/as do Proxecto Ríos.

Nestos encontros entregaremos os novos materiais aos grupos que asistan, facendo tamén unha presentación oficial dos mesmos.

Programa

10.30 Sesión inaugural
Manuel Borobio Sanchíz, Director Xeral de Sostenibilidade e Paisaxe  (pendente confirmación)
Antón Otero Domínguez, Concelleiro de Participación Cidadá, Cooperación e Solidariedade
Gumersinda Becerra Montes, concelleira de Turismo, Patrimonio e Medio Rural
Virginia Rodríguez, Coordenadora do Proxecto Ríos

11.00 A Custodia fluvial na rede Proyecto Ríos
Andrea Munitas, Projecte Rius-Catalunya
Nacho Cloux, Proyecto Ríos- Cantabria
Ramsés Pérez, Proxecto Ríos-Galiza

12.30 Presentación de experiencias

14.30 Xantar popular

16.30 Roteiro Interpretativo polo río Mero

Se estás interesado/a en participar  inscríbete

tlf: 98. 57.00.99


< Anterior   Seguinte >
go to top