bannerlimpeza2.jpg
facebook_pr.jpg
Xornadas de voluntariado na UDC Imprimir E-mail

imagen1.pngA problemática da flora alóctona invasora é unha das principais causas de desaparición de biodiversidade no mundo. Aínda que a maior parte de estas especies exóticas invasoras semellan inofensivas, os efectos que teñen sobre a flora autóctona e sobre os nosos ecosistemas son moi preocupantes. Ademais, estas invasións biolóxicas prodúcense sempre pola acción do home, xa sexa dunha forma directa ou indirecta. Por isto, dende a oficina de medioambiente da UDC (OMA) traballando en colaboración con Proxecto Ríos preocupámonos pola conservación da biodiversidade da nosa flora, e intentando facer unha labor de concienciación da sociedade universitaria estamos a organizar unha Xornada de Voluntariado Ambiental, centrada desta volta na problemática das especies exóticas invasoras.

A primeira cita será o martes 31 de xaneiro ás 11:00h. No salón de actos da facultade de ciencias da UDC terá lugar unha mesa redonda sobre a flora exótica invasora. Os poñentes serán o Dr. Jaime Fagúndez Díaz, do departamento de botánica da UDC (redactor do libro: Plantas invasoras de Galicia. Bioloxía, distibución e métodos de control) e D. Francisco Bañobre González, vogal de voluntariado ambiental en ADEGA e coordinador de varios proxectos de eliminación de especies invasoras. A mesa será moderada por Lucía Parente Romero, coordinadora do proxecto da UDC-ADEGA.

sar_1061_reduc.jpgDespois desta mesa redonda teremos outra cita, o día seguinte (mércores 1 de febreiro) no campus da UDC. Combinamos ás 10:30 no edificio de servizos centrais de investigación para comezar unha xornada de eliminación das exóticas invasoras no campus, nos dividiremos en grupos e comezaremos o traballo de campo para eliminación destas plantas. Para esta última actividade é preciso inscrición (tlf: 670592305; email: )

Podes seguir as actividades da OMA no seu blog o no seu facebook, aínda temos preparadas novas accións de voluntariado, anímate e participa!

 


< Anterior   Seguinte >
go to top