Coñecendo aos morcegos Imprimir E-mail
image.jpgO pasado sábado 20 de outubro case medio cento de persoas xuntáronse no Centro de Educación Ambiental de O Rexo para asisitir a unha xornada de tarde e falar de morcergos, ríos e persoas.
Baixo o título de Participación social e consevación dos morcegos en ecosistemas fluviais, a xornada pretendía ser un espazo no que achegarnos ao mundo destes descoñecidos mamíferos voadores e por outra  banda coñecer diferentes experiencias para a súa conservación.

Logo da presentación de Virginia Rodríguez, Presidenta de ADEGA e Coordenadora do Proxecto Ríos, Roberto Hermida de Drosera realizou unha completa presentación na que nos presentou varios  aspectos  dos morcegos, mitos e realidades. Describiu as especies que nos podemos atopar en Galicia así como a súa situación. Así puidemos saber que na actualidade hai 24 especies identificadas en Galicia mentres que hai varios anos só estaban identificadas 18, e incluso poderían haber algunha máis por descubrir. A interesante cha5._roberto_red.jpgrla deu lugar a numerosas preguntas por parte dos asistentes.
 
Despois dun pequeno descanso, deuse paso á mesa redonda na que se presentaron dúas experiencias que ligan a participación das persoas na conservación dos quirópteros.

Lídia Freixas do Museo de Granollers, presentounos o Quirorius, un programa de seguemento dos morcegos acuáticos de Catalunya que iniciou de maneira experiemental no ano 2007 e se implementou de definitivamente no ano 2008 en boa parte das concas fluviais cataláns. No Quirorius as persoas voluntarias escollen un río no que aplican un sinxelo protocolo de seguemento con pequenos e detectores de ultrasons. Calquera persoa non experta pode realizalo, asistindo previamente a xornadas de capacitación, ou participando noutros transectos con observadores máis experimentados. Realízanse dúas mostraxes ao ano, durante a primavera e durante a segunda quincena de agosto.

A outra charla da mesa redonda foi novamente a cargo de Roberto Hermida que desta volta presentou as iniciativas de custodia do territorio que teñan en marcha dende Drosera vencelladas á conservación dos morcegos.  A custodia do territorio é unha nova ferramenta que permite facer partícipe á cidadanía na conservación dos valores naturais e culturais do territorio. Drosera ten numerosas e interesantes experiencias de custodia en varios lugares de Galicia e en ambientes ben diferentes (mosteiros, casa abandonadas, igrexas, etc), facendo que tanto entidades como particulares se esforcen en protexer, conservar e sob14._ulo_morcego_red.jpgre todo divulgar a importancia dos morcegos entre a poboación.

Ao igual que a charla inicial a mesa redonda deu para unha serie de preguntas e comentarios entre os e as participantes que se interesaron por ámbalas experiencias.
 
Ao remate da parte teórica da xornada e xa entre o lusco e fusco fixemos unha rápida merenda cea, intercambiando algunha vianda.
 
Xa cos frontais e as lanternas preparadas baixamos ao río. Alí o equipo de Drosera colocou dúas redes de néboa para tentar capturar algún dos morcegos que estaban a alimentarse no río. Unha vez colocadas desprazámonos a un remanso do Arnoia onde con axuda dos detectores de ultrasons puidemos escoitar os sons que fan estes organismos para atopar as súas presas. Diferenciamos deste xeito a especie Myotis daubentonii: o morcego de río. Esta especie está íntimamente vencellada aos cursos de auga, nos que pode observarse o seu característico voo de caza, moi preto da superficie en augas remansadas.
              sdddd_copia.jpg 
 
Non tivemos sorte coas redes de néboa polo que non puidemos ver ningún morcego de cerca pero si os observamos voando e cazando no río coa axuda dos focos e  das lanternas.
 
Sobre as dez da noite e un pouco aterecidos polo frío demos por clausuradas as xornadas. Marchamos cada quen para a súa casa pensando nestes pequenos animais incomprendidos e quizáis con novas ideas na cabeza para axudar á conservalos nos nosos lugares. 
 
Podes ver as fotos da xornada no album de Proxecto Ríos
 
Se queres máis información sobre estas iniciativas podes visitar as webs:logo_cabeceira_copia.jpg quirorius.jpg
< Anterior   Seguinte >
go to top