Crónica do ConversaRíos 2012 Imprimir E-mail
cartaz.pngO Proxecto Ríos ven de celebrar as xornadas ConversaRíos 2012 na Casa da Cultura de Bertamiráns, no Concello de Ames. Desta volta propuxemos a realización de dous vídeo - forum relacionados coa auga e os ríos.
O día 28 foi a inauguración das actividades coa proxección do documental "Os Mares Doces de Galicia" de Manuel E. Garci, investigador do CSIC no Instituto de Investigacións Mariñas.
Garci comentou as particularidades da gravación do documental, así como os novos proxectos nos que está involucrado, como a realización dun documental sobre os salmóns dos ríos galegos. Estableceuse un debate, logo da proxección do documental, moi interesante sobre as especies piscícolas migradoras dos nosos ríos, no que aprendimos aspectos sobre a bioloxía desta fauna qeu poboa os cursos fluviais de Galiza.
O día 29 proxectouse o documental "Flow, por amor a auga". Logo de ver o vídeo, tivemos un anaco para analizar e debatir sobre os contidos expostos no filme: o uso que as multinacionais fan sobre a auga como recurso; a construcción de encoros; a auga embotellada; a privatización da auga, etc... Agradecemos a todos os asistentes a estas xornadas a súa activa participación.
< Anterior   Seguinte >
go to top