O Proxecto Ríos participa no Plan Proxecta e Migranet Imprimir E-mail
20121201_12.39.16_reducida.jpgO pasado sábado 1 de decembro, o Proxecto Ríos participou en diferentes congresos e xornadas.
Por unha banda asistimos como ponentes no Congreso de presentación do Plan Proxecta da Consellería de Educación. O Plan Proxecta é unha proposta para que os centros de ensino de Galiza traballen temáticas transversais co seu alumnado a través dun proxecto interdisciplinar. O Proxecto Ríos participa coa temática "Ríos". Os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer máis de cerca os obxectivos e a metodoloxía que emprega o Proxecto Ríos, así como todas as actividades que, ao longo de todo o ano, se realizan cos grupos participantes.
 Como exemplo de realización de actividades dentro do Proxecto Ríos,
20121201_12.39.33_reducida.jpg
estiveron os compañeiros do CPI Viaño Pequeno que levan tres anos traballando arredor da auga e os ríos do concello de Trazo. Dentro do Plan Proxecta hai 40 centros de ensino que van a traballar sobre a tamética "Ríos". Con estes centros realizaremos actividades de inspección ao longo do curso escolar 2012/2013.
 
Por outra banda estivemos participando na "Xornada de debate para a elaboración dun documento marco de xestión dos peixes migradores de Galicia" dentro do Proxecto Internacional MIGRANET que desenvolve a Universidade de Santiago de Compostela. Nesta xornada, ademais do Proxecto Ríos, participaron diferentes axentes sociais implicados na xestión e conservación dos peixes migranet.jpgmigradores: expertos, prensa especializada, asociacións de pescadores, axentes de turismo, etc. Estableceuse un debate sobre temas relacionados coa problemática que están a sufrir as poboacións de salmón, reo, zamborcas, anguía e lamprea nos nosos ríos. Agora a equipa que desenvolve o proxecto MIGRANET en Galiza elaborará o documento marco para a conservación destas poboacións piscícolas.
< Anterior   Seguinte >
go to top