Roteirríos 2013. Treito alto do río Lérez Imprimir E-mail
cartaz_roteirrios_2013_ii.jpgRuta circular polo novo tramo de pesca sen morte.
O vindeiro domingo 28 de abril o Proxecto Ríos organiza o primeiro Roteirríos 2013 desta volta destinado a coñecer iniciativas de Custodia fluvial.
A ruta aberta a toda a cidadanía pero con prazas limitadas percorrerá o novo tramo de pesca sen morte creado ao abeiro do Proxecto de Creación dunha rede de Custodia fluvial nas bacías do Ulla Umia Lérez. Iniciativa de ADEGA financiada con fondos LEADER polo FEADER, o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente e o AGADER que se desenvolve no Grupo de Desenvolvemento Rural número 20, nos concellos de Forcarei, Cuntis e A Estrada.
Podes descarregar o cartaz: Roteirrios_Rio_Lerez_2013.pdf
 
O tramo de pesca sen morte situado no concello de Forcarei, foi promovido pola CMVMC de Presqueiras en colaboración coa sociedade de Caza e Pesca de Forcarei, conta co apoio de varias asociacións como Asociación Cultural Pataqueiros de Millerada ou a Asociación de Moz@s de Forcarei. O tramo enmárcase nas accións baixo o nome “Pesca sostible na bacía do Lérez”, un dos proxectos promovidos nas tres bacías. Outras iniciativas que se están a realizar na bacía do Lérez é a recuperación dunhas levadas de antigos muíños que alén de ser patrimonio paisaxístico e etnográfico, servirán como hábitat para especies piscícolas de gran valor ecolóxico neste río que forma parte da RN 2000.
A custodia fluvial baséase nas propostas da poboación para a conservación do medio natural. Deste xeito foron asociacións e outras entidades sociais e sen ánimo de lucro as que propuxeron varios proxectos que axudarán a un mellor coñecemento e conservación dos sistemas fluviais destes concellos.
Algúns proxectos da rede de custodia fluvial Ulla Umia Lérez, desenvólvense en Rede Natura polo que se poñerá tamén en valor o uso e aproveitamento dos recursos protexidos.
No percorrido poderase gozar da fermosura do río Lérez e descubriranse multitude de especies polas que este espacio é un lugar protexido, entre elas diferentes especies de flora nemoral que nestas datas comezan a gromar e nos anuncian a chegada da primavera.
O roteiro será circular, de dificultade media e cunha lonxitude de 14kms aprox.
< Anterior   Seguinte >
go to top