Creando Charcas. Voluntariado ambiental Imprimir E-mail

cartazcharc.jpgO novo proxecto de ADEGA: Charcas con Vida convoca a primeira xornada de voluntariado que se celebrará o día 13 de abril. O lugar escollido para esta iniciativa será a Eira da Xoana (Agolada, Pontevedra), onde ADEGA posúe un equipamento de educación ambiental que ten como un dos seus fins achegar á cidadanía galega o medio rural. Durante a xornada crearase unha Charca didáctica para o que se convoca unha xornada de voluntariado ambiental. Podes descargar o Cartaz nesta ligazón Cartaz Charcas.pdf

 

As charcas son pequenos pero importantes espazos para a conservación da biodiversidade. Por iso a creación dun pequeno humidal favorece a biodiversidade. Moitos animais utilizan estes puntos de auga para beber, alimentarse, agocharse ou para desenvolver os seus ciclos vitais. Anfibios, aves, invertebrados … e tamén certos tipos de plantas ou algas son algún exemplos dos seres que se ven favorecidos por este tipo de actuacións. Dende o proxecto Charcas con Vida queremos achegar á cidadanía a estes lugares e dar ferramentas válidas para a súa conservación. Qué mellor maneira de facelo que construíndo unha charca e aprender facendo!!!

O voluntariado contará con seguro de accidentes, desprazamento dende Compostela, e comida.

Se queres participar contacta co local nacional de ADEGA 981 57 00 99, no móbil 649 611 508, ou no correo

O proxecto Charcas con Vida conta coa colaboración da Fundación Biodiversidad do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, e realízase en convenio co CIBIO (Centro de Investigaçao em biodiversidade e recursos genéticos, Portugal).

< Anterior   Seguinte >
go to top