Roteirríos polo Canón do Sil e do Mao (Ribeira Sacra) Imprimir E-mail
sil.jpgA fin de semana do 11 e 12 de maio o Proxecto Ríos organiza o segundo roteirríos do 2013. Desta volta achegarémonos á Conca do Sil para coñecer o seu patrimonio fluvial, as súas paisaxes e biodiversidade. O roteirríos será de dous días, a noite do sábado ao domingo a pasaremos no Albergue da Fábrica da Luz en Parada de Sil, equipamento turístico aberto recentemente ubicado nunha antiga fábrica da luz deste concello.
Podes descargar o cartaz Roteirrios_Ribeira_Sacra.pdf

 

 

Entre as actividades previstas está o sábado un roteiro polo Canón do río Mao, dende Forcas até a Fábrica da Luz e o domingo realizarnos un percurso circular polo Canón do Sil.

O prezo da estancia é de 21€ e inclúe a cea do sábado, a durmida en liteiras e o almorzo do domingo: http://afabricadaluz.com/.

O número de prazas é limitado se estás interesada/o en participar podes inscribirte  por teléfono 981.57.00.99 ou por correo electrónico ( ).

Proximamente poderás consultar a programación definitiva.

< Anterior   Seguinte >
go to top