Crónica do Roteirríos polos canóns do Mao e Sil Imprimir E-mail
img_0827_reducida.jpgA pasada fin de semana, 11 e 12 de maio, levouse a cabo o segundo Roteirríos de 2013. Desta volta quixemos achegarnos ata os canóns dos ríos Mao e Sil na Ribeira Sacra, lugares que albergan unha enorme biodiversidade no interior de Galicia.
 
Podes ver máis fotos no seguinte enlace: Album Google

 
 
 
 
 
O sábado día 11 comezamos o roteiro co encontro dos participantes ás 10:30h no bar Valilongo na estrada que vai dende Ourense a Castro Caldelas. Alí desfrutamos dun café antes de organizarnos en coches para iniciar a ruta. Desprazámonos ata a aldea de Forcas, onde comezamos a andar.
Dedicamos img_0788_reducida.jpgeste día a coñecer o canón do río Mao, afluente do Sil que vai encaixado entre montes de granito dende os 800 m. de altitude. Fomos percorrendo a antiga levada de auga que nutría deste elemento á antiga Fábrica da Luz –hoxe reconvertida en albergue– situada preto da desembocadura do Mao no Sil. Dita levada vai pola curva de nivel a aproximadamente 700 m., antes de baixar cara a fábrica. Foi un agradable paseo de baixa dificultade no que puidemos apreciar a exuberante vexetación que medra nas ribeiras do Mao, esplendorosa, por outra banda, dada a época do ano: árbores, arbustos e plantas en flor que enchían a paisaxe de vistosas cores e agradables arrecendos.
 
 Xa chegando a hora do xantar, deixamos a levada e, por camiños de pescadores, nos achegamos ata o río onde desfrutamos dunha comida compartida. Tivemos a oportunidade de ver unha fermosa fervenza xusto ao carón da zona do xantar, espectacular pola cantidade de auga que caía. Retomamos o camiño pola levada ata chegar a unhas escavacións en tumbas antropomórficas. Para rematar baixamos, a través de vides, ata o albergue onde pasaríamos a noite. É o canón do Mao unha impresionante paraxe onde conflúen natureza, etnografía, prehistoria e patrimonio arquitectónico industrial.
 
 
img_0912_reducida.jpg
No albergue A Fábrica da Luz, recentemente inaugurado, tomamos un merecido descanso
antes da estupenda cea ofrecida polo persoal do albergue. Algúns
aproveitaron para visitar as pasarelas que percorren o treito final
do Mao antes de morrer no
Sil.
 
 
 
Á mañá seguinte, logo dun almorzo con bica, pastel de chocolate, torradas, zume e café, dispuxémonos a abordar o segundo roteiro da actividade, esta vez polo canón do río Sil. Collemos os coches e fomos ata o punto de inicio en Parada de Sil. Dende alí pasamosimg_0927_reducida.jpg polos Balcóns de Madrid, miradoiros onde se pode apreciar a impresionante maxestuosidade desta obra da auga e a natureza. Continuamos sempre pola parte alta do canón a unha altitude de 600 m. Tivemos a oportunidade de contemplar un Pozo de Lobo, estrutura construída para dar caza a este emblemático depredador. Durante todo o camiño tivemos o Sil á nosa esquerda, onde puidemos apreciar a confluencia do mundo Mediterráneo co Eurosiberiano no que a vexetación se refire. Iniciamos o descenso polo camiño que nos levaría ata case os 300 m, para logo coller a pendente que sube ata o Mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil, lugar onde aproveitamos para descansar e tomar un merecido xantar a base de empanadas, queixo e tomate. Logo dun pequeno receso, no que algún aproveitou para botar unha pequena siesta, continuamos o roteiro e o ascenso que nos levaría de volta a Parada de Sil. Aquí, tomamos un refrixerio e despedímonos ata a vindeira actividade do Proxecto Ríos.
 
img_0980_reducida.jpgOs canóns ríos Sil e Mao son un testemuño das forzas tectónicas da terra: fai catro millóns de anos a placa Ibérica chocou coa Euroasiática dando lugar á Cordilleira Cantábrica e formando as Serras de Ancares e O Courel. Os ríos Sil e Mao, preexistentes a este accidente tectónico, víronse atrapados sen poder desviarse cara zonas máis chans e quedaron abocados a furar as moles de granito recién formadas producindo fondas feridas das que podemos desfrutar hoxe.
< Anterior   Seguinte >
go to top