Crónica das XVIII Xornadas de Formación do PR Imprimir E-mail
img_0346.jpgO Proxecto Ríos, iniciativa de ADEGA e financiado por Augas de Galicia e o IET, ven de celebrar o XVIII Curso de Formación para Coordinadores/as de Grupo o pasado sábado día 28 de setembro na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (Vilagarcía de Arousa). Estes cursos teñen o obxectivo de facilitar a realización das inspeccións de río por parte do voluntariado participante e están, como sempre, centrados na identificación de macroinvertebrados. Ademais, desta volta, dedicamos un espazo para afondar no coñecemento da vexetación acuática presente nos nosos ríos.
A xornada deu comezo ás 11:00 da mañá coa acollida dos participantes e a entrega do material da xornada. Ás 11:15 iniciamos o curso coa presentación, por parte de Virginia Rodríguez, Coordinadora do proxecto, das actividades programadas para a campaña de outono. A continuación, Lucía Parente, presentou o proxecto Charcas con Vida aos asistentes, un novo proxecto desenvolvido por img_0367.jpgADEGA centrado na divulgación e conservación dos pequenos humidais en Galicia.
Ás 12:00h realizouse unha dinámica participativa cos asistentes, que consistiu en que os diferentes grupos e persoas que asistiron ao encontro se presentaran e comentaran en que río están a traballar ou en cal pretenden facer as inspeccións.
 
 
 
Arredor das 12:30h Xurxo Mouriño, Biólogo da consultora ambiental Arcea, deu a conferencia marco das xornadas de fordsc_6505.jpgmación co título: “Introdución á vexetación e á flora dos ríos galegos”, que fixo un percorrido pola flora que habitualmente atopamos nas saídas polos nosos ecosistemas fluviais.
Ás 14:30 dispuxémonos a xantar nas instalacións da Estación.
 
Ás 16:00 retomamos o traballo e saímos ao río Con para recoller os macroinvertebrados que identificariamos logo na estación. A pe de río o Dr. Rufino Vieira da USC, pese á choiva que comezou nese momento, expuxo os aspectos máis importantes á hora de realizar unha mostraxe representativa destes animais. Logo desta presentación dividímonos en tres grupos para a recollida de mostras en diferentes treitos do río.dsc_6560.jpg
A continuación, xa de volta na estación, os voluntarios e voluntarias separaron os diferentes tipos de macroinvertebrados tratando de identificalos coa axuda das fichas do Proxecto Ríos. Finalmente, o Dr. Vieira impartiu unha clase detallada sobre estes animais, amosando a través dun monitor conectado cunha lupa os caracteres máis importantes para diferenciar as diferentes familias e as curiosidades sobre a súa bioloxía.
Ás 19:30 demos por rematada a xornada na que participaron 40 persoas.
Podes ver as fotos da xornada nesta Ligazón.
< Anterior   Seguinte >
go to top