VI Limpeza de Ríos. Volvemos a Mollarnos Polos Ríos Imprimir E-mail
adega_lugo_i.jpgA pesares do tempo que nos acompañou nesta fin de semana, fomos novamente moitas as persoas as que nos mollamos polos ríos na VI Limpeza simultánea. Houbo grupos grandes e pequenos, de nenos e nenas e de maiores. Limpáronse grandes ríos e tamén pequenos regatos, pero todas e todos tiñamos o mesmo obxectivo: coidar os nosos ríos e concienciar á sociedade da necesidade de que estean ben conservados. Recolléronse refugallos de todo tipo, e coma sempre abundaron os plásticos (botellas, garrafas, bolsas, sacos...). Apareceron tamén rodas de automóbiles, paragolpes, cristais e asentos, e os electrodomésticos tampouco faltaron, con tambores de lavadoras e televisións. Apareceu tamén algunha uralita, roupa, calzado... Algúns dos grupos se adicaron tamén a manter os sendeiros de pescadores. Podes ver o mapa con todas as limpezas.
Calculamos que os residuos de tódolos concellos suman perto de 10 toneladas, pero debemos lembrar que o noso principal obxectivo non era este, senón coidar os nosos ríos e concienciar á sociedade de que estean ben conservados.a_groba_ii.jpg
A VI Limpeza Simultánea “Móllate polos ríos” se celebrou este ano en 37 concellos de toda Galiza, e participarán un total de 44 entidades (asociacións, comunidades de montes, colectivos ecoloxistas, delegacións de ADEGA, centros de ensino…) e tamén 7 concellos que organizan directamente esta actividade.
 
vaipolorio_juanxxiii_ii.jpg
As condicións meteorolóxicas non foron as máis axeitadas para celebrar esta actividade, polo que queremos agradecer o esforzo do voluntariado por, apesares da choiva, saír a limpar o río. Algúns colectivos e concellos adiaron a actividade para o próximo domingo, polo que tamén agradecemos o esforzo que supón convocar dúas veces a mesma actividade.
Proxecto Ríos é un proxecto financiado por Augas de Galicia e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Para esta actividade contamos coa colaboración de Confederación Hidrográfica Miño-Sil, asi como os concellos de A Estrada, Ames, Allariz, Arbo, Cambre, Carballo, Cuntis, Fene, Gondomar, Lugo, Muxía, Poio, Pontevedra, Rianxo, Salceda de Caselas, San Sadurniño e Teo.
 
 
cadro_participantes.jpg 
 
< Anterior   Seguinte >
go to top