O Proxecto Ríos participa no Plan Proxecta Imprimir E-mail
20131026_17.15.31_reducida.jpgO pasado sábado 26 de outubro, o Proxecto Ríos participou como ponente no Congreso de presentación do Plan Proxecta da Consellería de Educación. O Plan Proxecta é unha proposta para que os centros de ensino de Galiza traballen temáticas transversais co seu alumnado a través dun proxecto interdisciplinar. O Proxecto Ríos participa coa temática "Ríos". Os asistentes tiveron a oportunidade de coñecer máis de cerca os obxectivos, os materiais e a metodoloxía que emprega o Proxecto Ríos, así como todas as actividades que, ao longo de todo o ano, se realizan cos grupos participantes. Como exemplo de realización de actividades para o Plan Proxecta dentro do Proxecto Ríos, estiveron os compañeiros do IES Muralla Romana de Lugo e o CPI Virxe da Cela de Monfero. Cos centros de ensino que se anotaron este ano ao Plan Proxecta realizaremos actividades de inspección ao longo do curso escolar 2013/2014.
< Anterior   Seguinte >
go to top