Remata a Campaña de Outono do Proxecto Ríos Imprimir E-mail
imagen1_2.jpgO 31 de outubro rematou a campaña de outono do Proxecto Ríos. Durante ese tempo o voluntariado participante saíu aos seus treitos de río para facer o estudo da calidade ecolóxica do río. A data límite para enviar os resultados das inspeccións é o 15 de novembro, pero como este outono choveu moito e seguramente moitos grupos de voluntarios non puideron saír a facer as inspeccións, ampliamos este prazo ata o día 30 de novembro. Cos resultados das vosas inspeccións elaboramos o informe anual do Estado de Saúde dos Ríos Galegos, documento que serve de recoñecemento ao traballo realizado polo voluntariado. Podedes enviar as vosas inspeccións por correo electrónico a , por correo postal: ADEGA, Travesa de Basquiños, 9 baixo, 15704 Santiago de Compostela, ou ben por fax ao 981 57 00 99.
< Anterior   Seguinte >
go to top