Concurso do Informe do Estado de Saúde dos Ríos Galegos Imprimir E-mail
libelulas.jpgO Proxecto Ríos premia o teu interese polo estado dos nosos ríos. Se lle botas un ollo ao Informe do Estado de Saúde dos Ríos Galegos de 2013, poderás contestar ás cinco preguntas que formulamos. Entre as persoas que acerten ao contestar esas cinco preguntas sortearemos a Guía de Libeliñas da Editorial Baía.

Preguntas:

1. Cantos ríos foron inspeccionados polo voluntariado en primavera? E en outono?

2. Que análises realiza o voluntariado para determinar o estado de saúde dun río?

3. O voluntariado realiza un inventario da presenza de especies exóticas invasoras nos nosos ríos, que función cumpre este traballo?

4. As saídas formativas son actividades que realiza o persoal do Proxecto Ríos cos grupos de voluntarios/as, cantas se fixeron en 2013?

5. Por que é o voluntariado o verdadeiro protagonista do Proxecto Ríos?

Envía as túas respostas, cos teus datos persoais (nome completo, correo electrónico e teléfono) ao seguinte enderezo electrónico:

O día 27 de febreiro faremos o sorteo entre os participantes que resposten correctamente ás cinco preguntas. O nome da persoa gañadora será publicado na web.

ANÍMATE A PARTICIPAR!!

< Anterior   Seguinte >
go to top