Resultado do Concurso do Informe do Proxecto Ríos Imprimir E-mail
libelula_2.jpgXa temos gañadora para o concurso sobre o Informe do Proxecto Ríos 2013. A afortunada é Elisa González Bande, que respostou correctamente ás preguntas formuladas e resultou agraciada no sorteo realizado a semana pasada pola equipa do Proxecto Ríos. Parabéns Elisa! En breve recibirás no teu domicilio a Guía de Libélulas de Galicia da Editorial Baía. Queremos agradecer a todas as persoas que enviaron as respostas a súa participación no concurso, e desexámoslles máis sorte a próxima vez.
< Anterior   Seguinte >
go to top