O Proxecto Ríos participa nas xornadas da ASPEA nos Açores Imprimir E-mail
cartaz_1.pngA ASPEA (Associação Portuguesa de Educação Ambiental), organiza as XXI Jornadas Pedagógicas de Educação Ambiental, na illa do Faial (Açores) entre os días 13 e 17 de marzo. Baixo o título de Dos ríos aos océanos, realizaranse diversas actividades, grupos de traballo, mesas redondas, obradoiros, etc. Proxecto Ríos foi convidado a participar neste encontro para presentar as actividades desenvolvidas polo proxecto.
A finalidade do encontro dirixido a educadores ambientais, profesorado, investigadores, etc., é promover a divulgación e estudos no eido da educación ambiental ligada aos ecosistemas acuáticos, incidir na formación e educadores ambientais e intercambiar experiencias e aprendizaxes entre os/as participantes.

ADEGA que partilla dende fai 8 anos coa ASPEA o Proxecto Ríos e xa co-organizou con esta entidade o I Encontro galego-portugués de Educación ambiental, está convidada desta volta a participar nestas XXI Xornadas para presentar algúns dos seus programas de educación ambiental:

- Virginia Rodríguez, presidenta de ADEGA, presentará o traballo do Proxecto Ríos durante estes dez anos así como a súa implementación nos centros de ensino e o Plan Proxecta.

- Lucía Parente, presentará o Proxecto Charcas con vida.

- Ramsés Pérez, falará dos Proxectos de Custodia fluvial e litoral promovidos por ADEGA.

ADEGA compartirá experiencias, ideas e propostas con persoas e entidades de diversos ámbitos o que contribuirá por unha banda a divulgación das actividades das nosas entidade como ao enriquecemento que aportan outras visións.

< Anterior   Seguinte >
go to top