Novo Gardarríos Imprimir E-mail
gardarrios_10_anos_copia.jpgCoincidindo coa chegada da primavera e da explosión de vida ao ríos galegos sacamos un novo Gardarríos con máis novas e seccións, que esperamos sexan do voso agrado.
No boletín presentarémosvos mensualmentre as novas máis destacadas, as vindeiras actividades, crónicas das xa realizadas ou outras cuestións de interese ligadas aos ecosistemas doceacuícolas. Esperamos contar coa vosa participación e que nos fagades chegar aquelas actividades que estades a facer dende as vosas entidades.
O Gardarríos reune por outra banda as actividades do Proxecto Ríos, porén tamén se suman as actuacións e novas de Charcas con vida. A equipa de Proxecto Ríos e Charcas con vida pareceunos de interese compartir un mesmo boletín xa que sodes moitas as persoas que seguides ambos proxectos. Como o martiño peixerio ou gardarríos, que bulen polos rios e charcas galegas dende este boletín darémosvos conta do que suceda nestes interesantes e diversos ecosistemas.
Unha vez máis animámosvos a participar e a que nos fagades chegar as vosas ideas e suxestións.
Esperamos que sexa do voso agrado.
< Anterior   Seguinte >
go to top