Roteirrios 2014. Roteiro polo Tambre Imprimir E-mail
captura_cartaz_roteirrios_tambre_2014.jpgRoteirríos é un programa de itinerarios organizado polo Proxecto Ríos que pretende unir ríos e persoas, achegando os cursos fluviais á cidadanía nun ambiente lúdico así como dar a coñecer o seu patrimonio natural, cultural e social asociado. En 2014 imos xa pola sétima edición deste programa. O primeiro roteiro organizado será á Devesa de Nimo no río Tambre, no que aproveitaremos para coñecer máis de preto a flora nemoral que medra nos bosques de ribeira de todo o país. Teremos tempo tamén para observar aves no esteiro do Tambre. Será o sábado 12 de abril.
Podes descarregar o cartaz: Roteirrios_Tambre_2014.pdf

PROGRAMA:

10:30 Encontro na Central Eléctrica do Tambre

11:00 Presentación do Roteiro até a Devesa de Nimo

14:30 Xantar no xardín da Central

16:00 Visita ao Esteiro do Tambre

17:30 Observación de aves

19:00 Remate da actividade

Traer calzado cómodo, auga e comida

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS:

981 57 00 99 / 616 238 050

< Anterior   Seguinte >
go to top