Xornada Ríos e Patrimonio Mineiro Imprimir E-mail
captura_cartaz_roteirrios_mineria.jpg
 A minaría foi unha das principais actividades humanas, de feito, a extracción de ouro e outros minerais supuxo probablemente a primeira industrialización de Galiza.

A extensa rede hidrográfica do noso país foi esencial para o desenvolvemento desta industria, que transformou a paisaxe, a organización territorial e mesmo a rede de comunicacións.

A xornada consistirá nunha mesa redonda na que trataremos temas relacionados coa explotación aurífera nas bacías do Lor e do Sil e o uso da minería como recurso patrimonial e turístico. Logo faremos unha actividade de demostración de bateo no río Sil e un roteiro polo Camiño Ferradal do río Soldón.

Será o sábado 10 de maio. Lugar: Casa da Cultura do Concello de Quiroga.

Podes descarregar o cartaz na seguinte ligazón: Cartaz_RoteiRios_patrominio_mineiro.pdf

PROGRAMA:

10:30 Inauguración da xornada.

11:00 Sistemas de explotación aurífera nas bacías do Lor e do Sil.

11:45 A vella minería como recurso patrimonial e turístico.

14:30 Xantar no río.

15:30 Demostración de bateo no río Sil. Praia fluvial de San Clodio.

17:00 Roteiro polo Camiño Ferradal.

20:30 Fin da xornada.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: 981 57 00 99 / 616 238 050

< Anterior   Seguinte >
go to top