IX Campo de Voluntariado Ambiental do Río Tea Imprimir E-mail
eliminar_mimosa_20.jpgEstamos preparando o próximo campo de voluntariado ambiental no río Tea. Será o 30, 31 de maio e 1 de xuño, e dará continuidade aos campos de voluntariado que levan celebrándose dende o 2007. Durante este tempo temos actuado sobre diferentes especies de invasoras na ribeira do río Tea grazas a axuda de voluntarios e voluntarias. Para a realización destes IX Campos de Voluntariado contamos co financiamento da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.
 
Podes botarlle unha ollada á crónica do pasado campo de voluntariado.
 
Desta vez realizaremos un seguimento das labores feitas anteriormente, comprobando os resultados, e tamén traballaremos como é costume na eliminación de flora exótica e invasora. Para a realización destas xornadas o voluntariado contará con material apropiado (traxes e botas de auga, ferramenta, guías de campo, etc.) así como un seguro de responsabilidade civil e de accidentes colectivos.
 
O aloxamento, como doutras veces, será no albergue Alentea, que se encontra ubicado en Barciademera (O Covelo) en réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea).
 
O campamento é gratuíto e hai un número limitado de prazas.
 
Se queres participar cubre a preinscrición: Inscricion_IX_Campo_Tea.doc e envíaa á coordinación do Proxecto Ríos. Podes descarregar tamén o cartaz da actividade: IX_Campo_Voluntariado_Rio_Tea.pdf
 
< Anterior   Seguinte >
go to top