Festa 10 Anos do Proxecto Ríos Imprimir E-mail
captura_cartaz.pngEste ano 2014 o Proxecto Ríos cumpre dez anos.
  O 29 de xuño de 2014 queremos celebrar o décimo aniversario convosco, e para iso temos organizada a Festa dos 10 Anos do Proxecto Ríos ao carón do río Tambre na área recreativa de Tapia. A celebración durará todo o día, e teremos actividades ambientais e culturais, haberá música e tamén ofreceremos café e sobremesa. Estades, polo tanto, convidados e convidadas a compartir esta festa dos ríos e polos nosos ríos. 
Vémonos o domingo 29 de xuño!
 
Podedes descarregar o Cartaz_Festa_Rios.pdf  e o programa da xornada programa festa.pdf (349.56 KB).

 

 

 

 PROGRAMA DA XORNADA

11h00
Comezo da Festa.
Presentación do evento e programa da actividades.

11h30 - 13h00
Roteiro + inspección PR.

12h30 - 13h30
Obradoiro de pegadas.

PROGRAMACION ACTIVIDADES
13h00 - 14h00
Espectáculo de Maxiade Mago Cagabolas.

14h00 - 16h00
Xantar popular (traer a comida).

16h00 - 16h30
Café e sobremesa amenizado por Trío Musical Xonxas.

16h30 - 20h30
Actividades, obradoiros e concerto.
Conta contos con Anxo Moure.
Obradoiro de cestería.
Obradoiro de pesca á mosca e de fabricación de moscas.
Obradoiro de baile con concerto.
Clausura e agradecementos

< Anterior   Seguinte >
go to top