Xunta e ADEGA anovan o convenio de colaboración para seguir desenvolvendo o Proxecto Ríos Imprimir E-mail
sinatura_pr142.jpg10 anos, 3 lexislaturas con diferentes governos e milleiros de voluntarios/as por todo o país avalan o Proxecto Ríos, a iniciativa de voluntariado ambiental e custodia fluvial máis numerosa e extendida na Galiza.
A presidenta de ADEGA Virxinia Rodríguez e a nova conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, asinaron un convenio de colaboración entre a Xunta e ADEGA polo que se garante o financiamento público do Proxecto Ríos este 2014.
O Proxecto Ríos é un programa de voluntariado e educación e sensibilización ambiental arredor dos ríos. O obxectivo é promover a sustentabilidade en relación coa contaminación e co deterioro dos ecosistemas fluviais analizando a calidade das augas –fisicoquímica e biolóxica- e o estado de conservación das marxes fluviais e dos ecosistemas.
Máis de 3000 persoas implicadas no coidado dos nosos ríos.
A metodoloxía do traballo baséase na implicación do voluntariado local que inspecciona as condicións ecolóxicas dos ríos e faise responsábel da vixilancia e protección dun treito. Dende hai 10 anos ADEGA ven promovendo e dando soporte en Galiza a este proxecto, e arestora hai por todo o país 283 grupos de voluntarios e voluntarias que implican a máis de 3000 persoas.
< Anterior   Seguinte >
go to top