Comeza a campaña de outono 2014 Imprimir E-mail
foto_rio.jpgO 15 de setembro comeza a campaña de outono do Proxecto Ríos que se extenderá ate o 31 de outubro. Animámosvos a que saiades ao vosos treitos de río para facer as inspeccións. Nestes días enviaremos os reactivos para as análises físico-químicas da auga. Lembrade enviar os datos obtidos ao Proxecto Ríos coa finalidade de elaborar o informe anual do estado de saúde dos ríos galegos. Os novos grupos podedes solicitar unha saída formativa no río que escolléchedes.
Recordarvos que o Curso de Formación será o día 27 de setembro na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con, podedes anotarvos contactando coa coordinación do Proxecto Ríos.
Tamén lembrar que o día 28 de setembro celebraráse a VII Limpeza Simultánea de Ríos.
< Anterior   Seguinte >
go to top