XX Xornadas de Formación do Proxecto Ríos Imprimir E-mail
captura_cartaz.jpgO próximo sábado, día 27 de setembro, terán lugar na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con (Vilagarcía de Arousa), as XX Xornadas de Formación de Coordinadores/as do Proxecto Ríos. A temática do curso será achegarnos ao proxecto LIFE Margal-Ulla que desenvolve a Dirección Xeral de Conservación da Natureza. Aproveitaremos tamén para facer entrega do material do Proxecto Ríos aos novos grupos participantes. A sesión de tarde estará dedicada, como outros anos, ao recoñecemento dos macroinvertebrados, especies fundamentais no noso traballo. Podes descarregar o cartaz en PDF: XX_Cuso_De_Formacion.pdf

Programa das XX Xornadas de Formación:

11.00 Chegada e entrega de material.

11.15 Estado do Proxecto Ríos.

12.00 LIFE Margal Ulla:

-Presentación do Proxecto Margal Ulla (Dr. Jesús Santamarina, Dirección Xeral de Conservación da Natureza).

-Margaritifera margaritifera, situación e avances do proxecto (Dra. Paz Ondina, USC).

14.00 Xantar.

15.30 Saída ao río e recoñecemento de macroinvertebrados.

19.00 Clausura do curso.

O curso é gratuíto. O número de prazas é limitado, polo que que é preciso inscribirse, tanto por teléfono (981 57 00 99) como por correo electrónico:

< Anterior   Seguinte >
go to top