Crónica do XX Curso de Formación Imprimir E-mail
img_3327.jpgO pasado 27 de setembro celebrouse o XX Curso de formación do Proxecto Ríos na Estación de Hidrobioloxía do Encoro do Con. Dez anos de cursos de formación capacitando a todas aquelas persoas que participan no Proxecto Ríos en diferentes cuestións ligadas aos cursos fluviais. A xornada desenvolveuse como noutras ocasións; a sesión de mañá adicada a cuestións "teóricas" e a tarde unha saída "práctica".
Podes ver as fotos da xornada nesta Ligazón
 
 

 

 

img_3304.jpgContra as once da mañá deu comezo o encontro, cunha breve presentación por parte de Virginia Rodríguez e Paco Bañobre e a que seguiu unha dinámica de presentación das persoas asistentes indicando nome, entidade a que pertencen e o río no que están ou van a traballar. De seguido presentáronse algúns materiais e actividades do Proxecto Ríos; o Manual de Custodia Fluvial, o cartaz de Zonificación legal do río, a VII Limpeza simultánea, etc. A mañá concluíu coa mesa adicada ao LIFE Margal Ulla que contou coas intervencións de Dr. Jesús Santamarina da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (DXCN) e un dos responsábeis da iniciataiva que presentou os motivos do LIFE e se centrou nos traballos co Galemys pyrenaicus. Despois, Adolfo Outeiro da Universidade de Santiago de Compostela, realizou a presentación, Margaritifera margaritifera, situación e avances do proxecto, expoñendo a situación desta especie e os traballos que están a facer dentro do LIFE Margal Ulla para o seu estudo e conservación.

img_3482.jpgDespois do xantar, que como noutras ocasións realizamos no comedor da EHEC, saímos ao río para realizar a parte da xornada adicada a formación do voluntariado ambiental do Proxecto Ríos na mostraxe e identificación dos macroinvertebrados do río, especies bioindicadoras dos ecosistemas fluviais e que nos permiten, entre outros parámetros, saber cal é o estado de saúdo do río. Desta volta acompañounos Carlos, da EHEC ao río Con. Fíxose primeiramente unha explicación dos métodos de mostraxe e despois pasamos en grupos a facer unha mostraxe. Cada un situouse nun treito, e tras introducirse na auga, foron capturando no trueiro os macroinvertebrados, para posterior clasificación e observación no laboratorio. Tras o proceso de clasificación por familias, foi Carlos o encargado de precisar a través dun microscopio e de un proxector, as principais características propias de cada un dos exemplares, curiosidades da súa morfoloxía, hábitos e hábitats que soen frecuentar.

Participaron nesta XX xornada 35 persoas, as que esperamos siguan outras tantas.

< Anterior   Seguinte >
go to top