O Proxecto Ríos participa nas xornadas de WWF e Territorios Vivos sobre os ríos Imprimir E-mail
ecc99e8ba3eb4395b6184696b8151c47.jpgO 11 e 12 de decembro o Proxecto Ríos participará en dúas xornadas en Madrid.
O día 11, WWF organiza unhas Xornadas de Custodia Fluvial onde se compartirán iniciativas sobre custodia e adopción de ríos. O obxectivo da xornada é dar a coñecer algúns dos principais proxectos de custodia fluvial que están en marcha en España, e intercambiar experiencias entre organizacións de conservación e entidades da administración. Presentaremos as iniciativas promovidas dende ADEGA e o Proxecto Ríos nesta materia. Programa da Xornada.
d1e2f2121b11413284a9f7eef8dc1bfe.jpg
 
O 12 de decembro asistiremos á I Xornada de Voluntariado Ambiental e Diversidade Funcional organizadas pola Asociación Territorios Vivos, a través do seu programa "Proyecto Ríos Accesible". O obxectivo desta xornadas é reforzar o traballo entre as entidades de voluntariado ambiental e as entidades de persoas con diversidade funcional. Programa da Xornada
< Anterior   Seguinte >
go to top