O Proxecto Ríos participa na IV sondaxe de lontra Imprimir E-mail
pegata_lontra_2.jpgA partir deste 2015, Proxecto Ríos adicaralle cada ano a unha especie ligada aos ecosistemas fluviais. A especie escollida poderá ser unha árbore, ave, mamífero, insecto, ou unha das moitas especies exóticas invasoras que están inzando os nosos ríos. A intención é afondar e contribuír ao coñecemento da súa distribución así como de outros aspectos da súa ecoloxía. Para máis info pódese descarregar o seguinte documento: 
A especie escollida para este ano é a lontra, seguramente o mamífero que máis asociamos á auga e aos ríos, aínda que tamén teña presenza en boa parte do noso litoral. Este carnívoro, que durante un tempo chegou a estar en declive como moitos dos ríos nos que habitaba, hoxe en día estase a recuperar e non é difícil ver rastros ou individuos desta especie.
Pretendese colaborar con outras entidades co obxecto de apoiar investigacións, sondaxes existentes ou iniciar o estudo daquelas especies das que apenas existan datos ou precisen de actualización.
A SECEM (Sociedade Española para a Conservación e Estudo dos Mamíferos) está a realizar durante os anos 2014 e 2015 a IV Sondaxe de Lontra coa finalidade de determinar a súa presenza nos ríos, encoros e costas de todo o Estado. Desde 1984 realízase cada 10 anos un censo estatal da distribución da lontra paleártica (L. lutra), para analizar como evolúen as súas poboacións.
 
< Anterior   Seguinte >
go to top