Crónica das XXI Xornadas de Formación Imprimir E-mail
img_0067.jpgFoi o pasado sábado, 18 de abril, cando celebramos o curso de primavera do Proxecto Ríos, que xa vai pola súa vixésimo primeira edición, na estación de Hidrobiolxía do Encoro do Con, en Vilagarcía de Arousa. Sobre as once da mañá fóronse acomodando os participantes do encontro, e un cuarto de hora máis tarde daba inicio unha pequena introducción a cargo de Ramsés Pérez, Lucía Parente e Paco Bañobre, que falaron do informe realizado cos datos aportados polo voluntariado en 2014 e un anuncio das actividades programadas polo Proxecto Ríos e Charcas con Vida para esta primavera, así como dos materiais editados. Podes ver as fotos da xornada nesta LIGAZÓN.

img_0121.jpgTras isto, e despois dun pequeno paréntese, deuse inicio á charla marco da xornada, decidada ao IV Sondaxe de Lontra promovido pola SECEM. A conferencia correu a cargo de Rafael Romero, investigador da USC e coordinador do sondeo de lontra en Galicia. Rafael comentou as características deste mamífero e a súa abundancia e evolución nos ríos galegos desde o primeiro sondeo realizado en 1984. A continuación amosou aos participantes como recoñecer os rastros de lontra que podemos atopar nas marxes dos ríos para verificar a súa presenza. Rematou a charla cunha mostra de excrementos e pegadas recollidas por él durante estes últimos anos para poder diferencialas doutras especies que habitan nos nosos ríos.

 

img_0154.jpgRematada a quenda de Rafael, chegou o momento de coñecernos todos un pouco máis, e contarlle ao resto de participantes quen somos, de onde vimos e o río que estudamos. A continuación dispúxose un xantar comunitario nas instalacións da estación.

 

 

Logo da sobremesa, e xa en compañía do director da estación, Rufino Vieira, puxemos rumbo ao río Con, moi preto da estación. Alí, fixemos tres grupos para poder desenvolver a inspección con maior comodidade en tres puntos diferentes. Encabezaba un deles o propio Rufino, outro Paco Bañobre e o terceiro era o de Lucía Parente. Cada un situouse nun treito, e tras introducirse na auga, foron capturando no trueiro os macroinvertebrados, para posterior clasificación e observación no laboratorio.

 

img_0209.jpg Tras o proceso de clasificación por familias, foi Rufino o encargado de precisar a través dunha lupa e de un proxector, as principais características propias de cada un dos exemplares, curiosidades da súa morfoloxía, hábitos e hábitats que soen frecuentar.

Finalizado o último exemplar, chegou o momento da despedida, coa vontade de nos ver de novo na próxima campaña. Participaron nesta xornada 30 persoas.

< Anterior   Seguinte >
go to top