X Campo de Voluntariado Ambiental do Río Tea Imprimir E-mail
captura_cartaz_tea_2015.pngO próximo campo de voluntariado ambiental no río Tea terá lugar a fin de semana do 8, 9 e 10 de maio, e dará continuidade aos campos de voluntariado que levan celebrándose dende o 2007. Durante este tempo temos actuado sobre diferentes especies de invasoras na ribeira do río Tea grazas a axuda de voluntarios e voluntarias. Para a realización destes X Campos de Voluntariado contamos co financiamento da Confederación Hidrográfica Miño-Sil. Podes botarlle unha ollada á crónica do pasado campo de voluntariado.

Se queres participar cubre a preinscrición: Inscricion_X_Campo_Tea.doc e envíaa á coordinación do Proxecto Ríos. Podes descarregar tamén o cartaz da actividade: X EEI do Tea.pdf

Desta vez realizaremos un seguimento das labores feitas anteriormente, comprobando os resultados, e tamén traballaremos como é costume na eliminación de flora exótica e invasora. Para a realización destas xornadas o voluntariado contará con material apropiado (traxes e botas de auga, ferramenta, guías de campo, etc.) así como un seguro de responsabilidade civil e de accidentes colectivos.

O aloxamento, como doutras veces, será no albergue Alentea, que se encontra ubicado en Barciademera (O Covelo) en réxime de pensión completa (almorzo, xantar e cea).

O campamento é gratuíto e hai un número limitado de prazas.

Inscricións e máis información:

Telf/Fax: 981 57 00 99.

Móbil: 619 672 038 / 616 238 050.

< Anterior   Seguinte >
go to top