O Proxecto Ríos participa no Plan Proxecta Imprimir E-mail
20121201_12.39.33_reducida.jpgO próximo sábado 25 de abril, o Proxecto Ríos participará na Xornada do Plan Proxecta da Consellería de Educación na Escola Galega de Administracións Públicas. O Plan Proxecta é unha proposta para que os centros de ensino de Galiza traballen temáticas transversais co seu alumnado a través dun proxecto interdisciplinar. O Proxecto Ríos participa coa temática "Ríos". Os asistentes terán a oportunidade de coñecer máis de cerca os obxectivos, os materiais e a metodoloxía que emprega o Proxecto Ríos, así como todas as actividades que, ao longo de todo o ano, se realizan cos grupos participantes. Como exemplo de realización de actividades para o Plan Proxecta dentro do Proxecto Ríos, estarán os compañeiros do IES Plurilingüe Fontem Albei de A Fonsagrada. Cos centros de ensino que se anotaron este ano ao Plan Proxecta estamos a realizar actividades de inspección ao longo do curso escolar 2014/2015.
< Anterior   Seguinte >
go to top