Novo folleto sobre especies invasoras Imprimir E-mail
folleto_invasoras.pngADEGA ven de editar dous folletos para alertar unha vez máis sobre a problemática das especies invasoras.
Os folletos forma parte do plan de divulgación do proxecto “Rede de voluntariado ambiental para a eliminación de especies invasoras en ecosistemas acuáticos”, que conta co apoio do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, a través da Fundación Biodiversidad. Grazas a esta iniciativa ADEGA realiza ao longo deste ano diferentes actividades relacionadas coas especies exóticas invasoras. En marzo se realizou unha xornada de eliminación de invasoras no río Liñares con voluntariado ambiental e nos próximos meses celebraranse outras dúas xornadas similares.
 
 
 
 
 
 
 
folleto_invasoras_cala.png
As especies exóticas invasoras son a segunda causa de perda de biodiversidade a nivel planetario. Plantas e animais teñen sido introducidos de xeito accidental ou voluntario na natureza con comportamentos colonizadores e transformadores do territorio polo que son considerados invasores, xa que poden desprazar (e mesmo extinguir) ás comunidades naturais. Son especies moi difíciles ou imposibles de erradicar, polo que o máis recomendable é a prevención fronte á súa entrada en hábitats naturais e ben conservados.
 
Para reforzar a divulgación desta ameaza, nas actividades Proxecto Ríos e Charcas con Vida se distribúen estes novos folletos explicativos. O folleto ten dúas versións similares, unha centrada nas especies animais invasoras e outra sobre as especies vexetais, todas elas presentes ou ligadas aos ecosistemas acuáticos.
 
folleto_invasoras_galapago.pngSon moitas as especies tanto animais como vexetais que invaden os ecosistemas acuáticos galegos (charcas, ríos, lagoas, etc.), pero cada folleto só amosa 14 delas. Algunhas son, lamentablemente, fáciles de atopar e identificar, pero outras teñen unha localización máis restrinxida, incluso algunhas aparecen por ser potencialmente invasoras.
< Anterior   Seguinte >
go to top