XI Encontro de Voluntariado do Proxecto Ríos Imprimir E-mail
cabeceras_web01.jpgUn ano máis celebramos o Encontro de Voluntariado de Proxecto Ríos. Será o día 20 de xuño de 2015. Desta volta se realizará na Eira da Xoana (Ramil, Agolada). Este ano 2015 o Encontro de Voluntariado estará dedicado, como en anos anteriores, a coñecer diferentes experiencias de grupos que participan no Proxecto Ríos. Ademais, como novidade, desenvolverase unha actividade de descuberta de biodiversidade, tamén coñecido como Bioblitz. Nesta actividade, os asistentes, organizados en pequenos grupos, percorrerán treitos dos ríos Ulla e Pambre para coñecer máis de cerca os tesouros que agochan os nosos ríos. Cada grupo se dedicará a buscar e fotografar especies de flora e fauna coa finalidade de identificalas, ben no momento, ben ao regreso da saída co asesoramento de expertos/as e guías de campo.
Con esta actividade queremos darlle un aire novo aos encontros de voluntariado e divulgar a biodiversidade que vive nos nosos ríos. Ademais, o curso alto do río Ulla é un dos espazos fluviais máis espectaculares de Galicia e moi axeitado para realizar este tipo de actividade.
Proxecto Ríos é unha iniciativa de voluntariado e educación ambiental de ADEGA promovida por Augas de Galicia.

PROGRAMA.

10.00 Benvida ao voluntariado

10.30 Presentación de experiencias do Voluntariado do Proxecto Ríos

11.30 Descuberta de biodiversidade da conca do Ulla-Pambre:

Presentación

Grupos e saída ao río

14.30 Xantar

16.30 Continuación

19.00 Remate do encontro

Podes descargar o Cartaz: Cartaz_BioBlitz.pdf

Se queres participar no Encontro ponte en contacto con nos. e-mail:

Teléfonos: 981 57 00 99 / 619 672 038

< Anterior   Seguinte >
go to top